Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O criadeiro de Muxía pecha e necesita Salvadores para non sacrificar unha ducia de cans

O criadeiro de Muxía pecha e necesita Salvadores para non sacrificar unha ducia de cans
Imaxes dalguns cans que pasaron por Salvacadelos

O criadeiro de cans de Muxía ten que pechar por problemas derivados da crise económica. E os que máis terán que pagar, se non é pola comunidade de Salvadores da Costa da Morte, son os propios cans. Así, instamos a todos os veciños da bisbarra a facer un esforzo por estes canciños.

Se todos estamos a vivir momentos moi complicados por mor da crise, os máis afectados son seres inocentes e indefensos.. Este é o caso dos cans que temos no criadeiro de Muxía, que estaban sendo coidados para ir a vivir con familias que os quixeran levar. Pero agora é absolutamente irreversible o peche do criadeiro, e non existe recurso algún para garantir o futuro dos animais. "Se non conseguimos acomodalos con persoas que os queiran termos que sacrificalos, con moita dor", explican dende o criadeiro.

Apelamos ás persoas que aman os animais para que nos axuden a buscarlles un fogar. Seguro que hai persoas, ou familias que queiran recoller algún can; ou ao mellor vós non podedes, pero coñecedes xente á que lle gusten os cans. Os animais están ben coidados.

Os animais que cómpre salvar son:

  • Unha parella de Golden Retriever de 8 anos.
  • Un labrador femia de 8 anos.
  • Un shapei de 6 anos.
  • Cinco Jack Russell machos de 3 anos.
  • Duas femias e un macho de Cavalier King Charles.
  • Duas femias cruce de Cocker e Sack Russell.
  • Tres femias Pastor Alemán de 6 anos e 9 anos.
  • Un Cocker de 9 anos.
  • Cinco femias de Sack Russell de 4 anos.
  • Duas femias e un macho Caniches de 4 ou 5 anos.

Para adoptalos

Para interesarse por eles e salvalos, poden poñerse en contacto con nós ou ben directamente co Criadeiro canino de Muxía, sito na Arenal, 32, en fronte do Edificio de Servizos Múltiples. Poden chamar ao 676 826 056 ou enviar un correo a [email protected].


Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios