domingo. 25.01.2026
El tiempo

O IES Agra Raíces abre as súas portas este luns

Semana Cultural IES Agra Raices 25-Arte e Movemento (Graciela) Baile
Unha sesión na Semana Cultural IES Agra Raices do curso pasado
O IES Agra Raíces abre as súas portas este luns

O IES Agra de Raíces vai celebrar unha xornada de portas abertas o luns día 26 de xaneiro ás 18:15h. Está dirixida a aquel alumnado  de outros centros da ESO que teñen interese en cursar os seus estudos de Bacharelato no centro, sexan centros adscritos ao noso centrou non. Tamén poderá participar o alumnado que desexa coñecer o noso centro ou cursar estudos da ESO. O alumnado poderá vir acompañado da súa familia.

O Programa de visitas comeza cun encontro na Biblioteca “Concha Blanco” do centro, onde os participantes serán acollidos pola dirección e a orientadora. Neste encontro informarase dos estudos que se cursan, das actividades complementarias e extraescolares, dos servizos e das instalacións do noso instituto. A continuación farase unha visita polo centro para coñecelo.

O motivo desta xornada de portas abertas é que xa está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para os centros adscritos: o CEIP do Pindo (Carnota), o CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, o CEIP Plurilingüe Vila de Cee, o CPR Ntra.Sra. del Carmen (Fisterra), o  CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, o IES Fin do Camiño (Fisterra), o IES Lamas de Castelo (Carnota) e o IES Ramón Caamaño (Muxía). O alumnado destes centros ten dereito de reserva de praza no noso instituto. A petición de reserva débese facer a través da aplicación web “admisionalumnado” da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O prazo está aberto ata o día 4 de febreiro.

Rematado o proceso de reserva de praza ábrese o de admisión do 1 ao 20 de marzo, onde o alumnado pode pedir praza nun centro distinto ao que lle correspondería por mor da súa adscrición. As prazas que se ofertan son as vacantes sobrantes logo de feitas as reservas.

Máis novas

Comentarios