Venres. 26.04.2024
El tiempo

O IES Agra Raíces adica a súa Biblioteca á autora local Concha Blanco

Concha Blanco no IES Agra Raices
O IES Agra Raíces adica a súa Biblioteca á autora local Concha Blanco

Este pasado o IES Agra de Raíces rendeu homenaxe a unha das escritoras máis importantes da literatura galega, a ceense Concha Blanco. Concha Blanco combinou durante moitos anos a súa faceta literaria co seu labor de docente xa que, aínda que agora estea retirada, a autora formou parte da comunidade educativa do Raíces impartindo clases de Lingua e Literatura Galega durante varios anos.

Concha Blanco no IES Agra Raices 2

Despois de impartir unha charla ao alumnado de 1º de Bacharelato, onde fixo un percorrido pola súa traxectoria literaria e o proceso creativo, a dirección do IES Agra de Raíces xunto co equipo da Biblioteca, rendéronlle unha homenaxe bautizando a biblioteca co seu nome. A autora descubriu unha praca conmemorativa deseñada pola xefa do departamento de Debuxo do centro e realizada en impresión 3D con materiais do proxecto Polos Creativos, no que está inmerso o Raíces. Ademais, o alumnado fíxolle entrega dun ramo de flores. A autora, moi emocionada, agradeceu o acto e agasallou ao alumnado con exemplares da súa obra.

A dirección do IES Agra de Raíces valorou a figura de Concha Blanco como un referente para Cee, a Costa da Morte e toda Galicia, pola súa contribución ás letras galegas.

Biblioteca Concha Blanco do IES Agra Raices

Comentarios