O IES Agra Raíces leva un premio no certame Aulas sen Fume

Novo premio para os centros de ensino da Costa da Morte nos certames audiovisuais a nivel autonómico. Desta volta, é para o IES Agra Raíces, cuio alumnado de 2ºESO leva participando na XX edición do programa “Aulas sen Fume”, unha iniciativa educativa contra o tabaquismo que desenvolve a Consellería de Sanidade, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional, a través do programa Proxecta+.
Trátase dun concurso educativo para a prevención do tabaquismo que busca o compromiso individual e colectivo (de todas as aulas) de non fumar durante mínimo 6 meses.
Ao longo do curso, o alumnado asistiu a diferentes sesións de concienciación acerca dos múltiples riscos do consumo do tabaco e, paralelamente, levou a cabo diferentes actividades, entre as que se destaca a creación dun slogan e a realización dunha actividade multimedia, co obxectivo de convencer ao resto de mozos e mozas para que non fumen. Cabe destacar, que a tarefa multimedia realizada polo alumnado de 2º ESO C “Quixera que o teu fume non me atrape” resultou ganador na categoría “Aulas sen Fume”, e galardoado cun campamento de “Clases sen fume” no Complexo Xuvenil Gandarío.
O pasado martes 4 de xuño, o alumnado deste último grupo, asistiu a un acto lúdico presidido polos responsables das Consellerías de Sanidade e Educación no que, xunto co resto de escolares gañadores, recibiron os premios correspondentes e asistiron a unha conferencia dun reputado cardiólogo.
Os traballos realizados foron coordinados pola profesora de matemáticas, Jenifer Espasandín -quen tamén recibiu un premio á innovación educativa por este proxecto. O alumnado tamén contou coa gran colaboración dos seus titores, Lucía Campaña, Beatriz Nogueiras, Manuel María Figueiras, María Segura, e Alejandra Taboada, ademais da orientadora do centro, Mariana González
Podedes ver os vídeos na web do centro.
Máis novas