Malpica e Toba preparan o Santo Adrián

Dúas citas claves na apertura do verán costeiro están preparadas. O Santo Adrián ten o seu fero protagonismo na bisbarra e Malpica e a parroquia ceense de Toba xa están en marcha ca Festa.
Primeiro chegará a ceense, xa esta noite de xoves e venres, mentres que a Romaría do Santo Hadrián de Malpica, Festa de Interese Turístico Nacional, queda para o sábado 19.
Festas en Toba

Este xoves 16 de xuño abre coa alborada da man da charanga local Peta Forte. A sesión vermú será con La Oca, que repetirá pola noite como "teloneros" da Panorama.
Para o venres quedará o vermú coa Abanico, e pola noite verbena coa orquestra Master.
Festas do Santo Hadrián de Malpica

Esta Festa de Interese Turístico Nacional está marcada polo seu carácter tradicional. Ademais da romaría ata a capela de Santo Adrián, as sesións vermouth do sábado e domingo virán a cargo da orquetra Trebol.
Todo, o domingo 19 de xuño.
Máis información
Novas relacionadas
- Cee pensa nas Festas do Corpus de Brens.
- A Romaría do Santo Hadrián de Malpica é declarada festa de Interese Turístico .
- 4 días de Revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- O Ézaro xa se prepara para un San Xoán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).