Mar de fábula expón as súas crebas artísticas en Liresca
Dentro das actividades programadas dende o espazo turístico LiresCa, este mes de agosto na planta baixa, e aberto ao público en xeral, pódese ver unha exposición da Asociación Mar de Fábula.
De luns a domingo, de 08:30 a 16:00 horas, e de 20:00 horas a 23:00 horas, a asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar o mar, comparte as pezas artísticas realizadas por Xosé Manuel Barros e compañía con crebas.
Son 6 anos xa os que leva Mar de Fábula organizando limpezas de praias e coídos no litoral da Costa da Morte e na Área Metropolitana da Coruña co fin de apañar todo o lixo mariño que o mar nos devolve e que, nun 90% son residuos plásticos en todas as súas formas, tamaños e composicións.
Unha das ferramentas de concienciación ambiental que se utiliza en Mar de Fábula é a reutilización do lixo plástico en diferentes formas de expresión artística como as expostas en LiresCa, cada unha coa súa propia linguaxe, pero todas elas poñendo en evidencia, na súa comunicación visual co espectador, a irracionalidade e desleixo do noso trato co mar.
Novas relacionadas
- Maio 19: Estudantes, voluntarios e mariscadoras únense para limpar de plásticos o banco marisqueiro da Basa.
- Abril 19: Limpando o supermercado de lixo plástico de Touriñán.
- Marzo 19: A veciñanza de Camelle salva o seu mar.
- Agosto 18: Mar de Fábula. Unha viaxe de cinco anos. Museo de Man, Camelle..
- 2016: Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra "Cos Pés na Area”.