Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI

Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI
Marcos Rodriguez Mellor Fotografo do ano 2016 pola FEFPI Marcos Rodriguez Mellor Fotografo do ano 2016 pola FEPFI ”Cando gañei a medalla de prata no Mundial de Fotografía (WPC) non foi un soño feito realidade, porque realmente nunca soñara tan alto. Pero nesta ocasión, que a Federación Española de Profesionais da Fotografía (FEPFI) me entregue o título de "Fotógrafo Distinguido" si que o é, é un soño e é unha meta que me propuxen fai anos e que fixen unha realidade”. Así explica Marcos Rodríguez, o fotógrafo carballés afincado en Cee, o seu sentimento tras recibir este galardón, dunha entidade “con tanto prestixio e con tantos fotógrafos boísimos. “A verdade é que soa de marabilla pero separadamente diso, a ilusión que me fai é enorme. O organismo distingue ao noso fotografo costeiro “En recoñecemento á súa creatividade e excelente calidade técnica, así como pola súa contribución a mellorar e dignificar a profesión de fotógrafo”. Marcos Rodriguez Mellor Fotografo do ano 2016 pola FEFPI en Segovia cos premios Marcos Rodriguez con todos os seus premios

”Fotógrafo do ano” por duplicado

Pero ademais, a noite completouse con outros dous premios. Tiña 5 nominacións e conseguíu tres medallas. Marcos recibiu o premio a “Mellor fotógrafo do ano” na categoría de “Natureza” (tamén se levou o segundo premio nesta mesma categoría) e o premio a “Mellor fotógrafo do ano” na categoría de reportaxe gráfico.

Agradecementos

Marcos Rodriguez Mellor Fotografo do ano 2016 pola FEFPI 4 Marcos Rodriguez agradecendo aos seus en Segovia Ao fotógrafo galego pedíuselle que se dirixise ao numeroso público asistente e dixese unhas palabras. Marcos valorou o seu logro neste concurso nacional pero destacou que o feito a insignia de prata (distintivo que se lle entrega aos Fotógrafos Distinguidos) é o que máis feliz lle fixo xa que, recoñeceu visiblemente emocionado, é algo polo que leva loitando moitos anos. O feito de que o maior organismo na materia a nivel estatal valore o seu traballo dese modo, é para el, un “motivo de orgullo”. Marcos quixo agradecer tamén “en especial á miña familia por aguantar todas esas horas demais que lle dedico á miña profesión”. Marcos Rodriguez Mellor Fotografo do ano 2016 pola FEFPI 2 Marcos Rodríguez recibíu o premio ao Mellor Fotógrafo do ano 2016 en dúas categorías ademais de ser nomeado "Fotógrafo Distinguido" pola FEPFI  

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios