xoves. 23.01.2025
El tiempo

As entidades sociais volven concentrarse este martes en Cee "Baixo o mesmo paraugas"

Imaxe dunha concentración en Cee das familias de APEM e Aspadez en 2017 polo Día das persoas con discapacidade
Imaxe dunha concentración en Cee das familias de APEM e Aspadez en 2017 polo Día das persoas con discapacidade
As entidades sociais volven concentrarse este martes en Cee "Baixo o mesmo paraugas"

O martes 3 de Decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade, data reivindicativa para promover os dereitos e o benestar das persoas en tódolos ámbitos da sociedade e do desenvolvemento.

Como en anos anteriores varias entidades da Costa da Morte únense nas súas reivindicacións nun acto conxunto adheríndose á Plataforma “Baixo o mesmo paraugas”.

O símbolo, o paraugas, representa desde 2016 o fin común que toda a sociedade pergue: a defensa da igualdade, a inclusión e o respecto.
Desta volta, as Aspadex, Apem, SAT Costa da Morte, Asociación galega de Ataxias, Afafes, Apem, Plataforma Reisenhores e Asociación Paseniño únense para convocar a concentración o vindeiro martes, 3 de Decembro, ás 12:00 hrs na Praza 8 de Marzo en Cee, no que desplegarán os seus paraugas, exporán as súas reivindicacións e farán lectura do manifesto “Baixo o mesmo paraugas” 2024.

Dende as entidades convocantes animamos á cidadanía a participar, porque "o máis valioso dunha sociedade é que todos somos diferentes, pero xuntos acadaremos un futuro mellor e sen discriminicacións".  

Baixo o mesmo paraugas Cee 2024

   

 

Comentarios