Mohamed Safa reestréase como escritor


Se hai un conflito no mundo do que a Costa da Morte estea concienciado, ese é o de Palestina. Campañas de recollida de medicamentos, galas culturais, expedicións costeiras a coñecer de primeira man a situación e mesmo a celebración do Día da Nakba son exemplos que demostran que non hai outra guerra que nos sexa tan propia aos veciños da Costa da Morte.
Unha circunstancia que ten un único culpable: Mohamed Safa. Este activista e oftalmólogo afincado en Corcubión, leva achegando á nosa bisbarra a realidade dunha guerra agochada polos muros da vergoña e da desinformación. Un conflito polo que o tempo pasa de balde.
Despois de numerosas charlas, Safa foi colleitando información de interese para escribir. E aí se puxo. Coas corrección lingüísticas de David Lourido, acaba de rematar o seu primeiro libro, “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano". Un libro que vai moito máis alá de Palestina e Israel, analizando as causas, a evolución e o desenlace dos acontecementos ocorridos no mundo árabe a partir do ano 2011.
En todo caso, non é a primeira vez que Safa publica en papel. En 2003, Ediciones O Castro editaba o libro "Palestina: grito por la libertad.Presentación en Cee
E como non podía ser doutro xeito, a posta de longo será en Cee. Será o xoves 16 de febreiro ás 20:00h, na Casa da Cultura. O acto contará coa participación de Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney, e con Antón Losada, xornalista, escritor e profesor de ciencias políticas na Universidade de Santiago de Compostela.
Novas relacionadas
- As Bondades da Fala con Mohamed Safa: “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- 2015: Unha marea de cores costeiras para lembrar a traxedia palestina.
- 2014: Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina.
- 2014: O BNG apoia ó pobo palestino.
- 2013: Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina.
- 2011; Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- 2011: Vivindo a ocupación en primeira persoa.
- 2011: Equipaxe de man: Viaxe á Terra Santa.
- 2010: Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).