Nunca Máis convoca para hoxe unha concentración en Cee

Este venres 15 de novembro, trala polémica sentenza do xuízo Prestige, a Plataforma Nunca Máis convoca unha concentración en Cee, como en outras moitas vilas do país. A concentración será ás 20:00h na Praza 8 de marzo, baixo o lema "Non esquecemos, non á impunidade. Mareas Negras Nunca Máis".

A plataforma, a través do seu avogado Pedro Trepat, anunciou ademais que vai recurrir a sentenza.

Ademais, Iniciativa per Catalunya, aliado de Espazo Ecosocialista de Galicia, vén de levar a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea.

Seguemento especial do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).