O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco

- Actualizado ás 14:00h

Reanudase o xuizo pola catástrofe do “Prestige” despois de que onte a Folga Xeral impedira a celebración da segunda xornada de declacións do Capitán do mercante sinistrado, Apostolos Mangouras. Un Mangouras que o primeiro día de declaración xa deixou patente a súa clara acusación ao goberno español cun rotundo “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
Hoxe, o avogado do estado, Javier Suárez, será quen retome as preguntas o capitán grego despois de que o pasado martes a Fiscalia rematara coa súa quenda.
Iremos actualizando minuto a minuto segundo nos van chegando as crónicas dende ExpoCoruña da man do enviado especial José Luís Louzán, gracias á colaboración de Suministros Lar.
- 9:44h:
Comeza o avogado do estado preguntando polas condicións exactas do tanque de lastre do que Mangouras falou cando recoñeceu que detectara nel “corrosión pero non rotura”. Pregunta Javier Suárez se o tanque é especialmente sensible a corrosión e se se tiña algún coidado especial nas inspeccions visuais que a tripulación realizaba a esta parte sensible do barco.
- 10:02h:
A esta hora os máis graves son, sen embargo, os problemas técnicos co son na sala de prensa que están impedindo traballar a tódolos medios presentes (prensa escrita, radio e televisión). Tecnicos da empresa contratada para dar cobertura o evento (cun custo para as arcas públicas cercano os 1,4 millóns de euros) tratan de poñer solución a esta situación.
- 10:13h:
Preguntas sobre o momento mesmo do accidente. Pregunta o avogado a Mangouras sobre as súas impresions do suceso. Contesta o capitán que a sua “primeira impresión” foi que varios mamparos saltaran do casco. “Naquel momento non tiven conciencia de que a avaría se producirá por mor dunha onda” como logo precisou.
- 10:15h:
Javier Suárez pregunta polo momento no que Mangouras foi consiciente da autentica dimensión da avaría. O quid da cuestión pasa por saber si Mangouras observou antes ou despois de ordenar a evacuación do buque que a fisura no casco era grave e podía poner en risco a integridade do mercante.
Mangouras recoñece que “vin entrar a auga no buque” antes de ordenar a evacuación. Aquí, a preguntas do avogado do estado, se pon en dúbida que o capitán fose conciente de que “entraba auga polo costado do buque”. Interrumpe a defensa do capitán para dicir que “el nunca viu que entrase auga, deduciu que así era”.
- 10:20h:
A importancia deste momento é crucial para identificar o grao de comprensión da gravidade do estado do petroleiro. Pregunta o avogado a Mangouras si “foi consciente cando ordenou a evacuación de que o que se romperá fora o forro do casco, e non so un mamparo interior”.
O Capitán di que inicialmente criu que o que se romperá só un mamparo pero outros indicios o levaron a entender que a avaría era maior.
Preguntas agora sobre o que impactou presuntamente co Prestige. Mangouras afirma que el non viu a onde precisa que impactou co Prestige, que foi o seu primeiro oficial. Aínda máis, o capitán aforma que “nun primeiro momento non son quen de precisar si avaria se produciu por unha onda xigante ou por outra cousa”. O avogado pregunta si o mercante “puido ser golpeado por un obxecto”. Mangouras afirma que “puido ser” e incide nesta teoría afirmando que “puideron ser moitas cousas, un contedor flotante, resto de outro buque naufragado, etc”.
O avogado fai aquí mención a declaración de Mangouras diante do Parlamento Europeo. Nesa declaración xurdiu a teoría do obxecto que presuntamente tería impactado no mercante. Mangouras nin confirma nin desminte que así fora.
- 10:30h:
Sobre o primeiro momento da traxedia, pregunta o avogado pola primeira chamada o remolcador e a empresa armadora do Prestige.
Pregunta o avogado a Mangouras porque chamou antes do accidente a empresa armadora. O capitán non termina de aclarar o motivo. Volvendo o estado do mercante no momento do accidente, a liña do interrogatorio do avogado parece centrada en querer amosar que o capitán era consciente da gravidade do accidente e non actuou conforme a ese nivel de perigo, ocultando ademáis información as autoridades.
Mangouras insiste en que “pensei que o furado estaba entre os tanques dous e tres, dado que se encheron o mesmo tempo”. Pero, para o avogado, volvendo a teoría de que fora un obxeto o que petara co casco, o lóxico é que este provocara unha abolladura ademais dun furado. Mangouras di que iso “non o sei, non son nin enxeñeiro nin perito oara saber como se provocou esa avaría”.
- 10:45h:

Presentase como proba documental unha fotografía do “Prestige” xa coa fenda aberta. Aquí mangouras fai memoria e afirma que o día 15 “oímos un forte ruído antes de que comezasen a saír as tapas do casco”.
O avogado pregunta a Mangouras a que atribue que comezasen a saltar esas tapas do casco. O capitán afirma que a presión do aire no interior do casco fixo que comezaran a saltar estas, do tanque catro e dende babor. “Que fenómeno provoca isto?” pregunta o avogado. “Se entra auga, a presión do aire aumenta. Se a cantidade de auga e moi grande e os aparellos encargados de liberar ese aire non dan abasto a presión fai que acaben saltando” contesta Mangouras. Nembargantes, o avogado insiste en que eses tanques dos que saltan as tapas “non eran de carga”, o que non explicaría este fenómeno.
- 10:55h:
Sobre a contaminación, o avogado cuestiona agora a Mangouras sobre en que momento foi consciente de que estaban “expulsando fuel oil” pola fenda aberta no casco. O Capitán recoñece que existía “fueloil saindo, misturado con auga” do interior do buque. O interrogarotio dirixese agora a descubrir ata que punto o capitán era consciente e que estaba contaminando o mar meses primeiros momentos do accidente.
Mangouras insiste que a “a carga non saia directamente o mar”, polo menos ata o día 14. Nembargantes, o avogado afirma que nun informe da autoridade portuaria de Bahamas se aprecia claramente que a fenda no mercante si expulsaba fueloil en grandes cantidades.
- 11:10h:
Outro extremo do accidente. Javier Suárez, avogado do estado, pregunta agora a Mangouras se tiña no barco algún instrumento que medise ata que punto a escora era ou non perigosa e si esta podía facer volcar o mercante. Mangouras afirma que "si tiñamos un programa que media a escora en relación coa carga”. O avogado insiste: “tiñan un medidor que calculase exactamente que escora podía facer volcar o barco?” O capitán di que non o recorda exactamente, a pesar de que o avogado afirma que é obrigatorio que os mercantes o inclúan.
Punto de inflexión. O capitán, que afirmou ata o de agora que a escora do buque nunca superou os 35 graos ten que recoñecer que tal vez fose de 60, despois de que o avogado do estado exhibirá unha folla do libro de estabilidade onde se observa a escora real do mercante no momento do accidente (día 14).
Sobre ese momento, Mangouras está a declarar sobre o momento do remolque e a evacuación: “Pensou nalgún momento en acender a máquina do buque?”, pregunta Javier Suarez. Mangouras resposta “a máquina parou pola avaría soa. Cando xa quedamos só 3 a bordo era imposible encendela”.
O avogado insiste. “Vostede informou a Salvamento que para recibir remolque precisaba dúas persoas máis. Non é incoherente que evacúe á súa propia tripulación pero instantes despois pida que suban a bordo dous técnicos de salamento?”. Mangouras contesta “a miña primeira preocupación foi salvar a tripulación. Pero cando despois da evacuación vimos que o mercante se estabilizaba foi cando solicitamos axuda, a vista de que podíamos afrontar o remolque pero con axuda de mais tripulantes”. Interrumpe o abogado de Mangouras que “son momentos distintos” pero que interven o presidente do tribunal, o xuíz Jose Luís Pía para cortar estas intervencions da defensa “o xuízo o dirixo eu e os interrogatorios tamén. Deixe de interrumpir a avogacia do estado que esta a preguntar”.
- 11:30h:
Sobre a posibilidade de fondear o barco, Mangouras insiste en que se podía ter feito i en que sempre foi “mellor opción que levar o barco a altamar. As autoridades sabiano".
Sobre este particular, debate coa avogacia do estado. O letrado pregunta si “co calado do barco, 16 metros despois do alonxamento segundo declarara vostede, era imposible fondear”.
Sobre recibir ou non remolque. O avogado insiste na presunta desobediencia de Mangouras que o capitán nega “O remolque podía ser moi caro, Por iso tomamos tantas precaucions”. “Pero vostede sabe que dende que recibiu orde de tomar remolque ata que consentiu pasaron horas?”, inquire o letrado “si, pero foi o que nos levou confirmar coa nosa armadora que tiñamos permiso”.
- 11:45h:
Cuestiona o avogado agora a Mangouras si o remolque de popa estaba en condicións. Mangouras di que si pero, insiste o avogado que “un informe di que estaba inoperativo por falta de mantemento”. Mangouras di non estar de acordó “o dispositivo estaba operativo e podía ter tirado. Outra cousa é despois de dous días de accidente”.
O avogado pregunta agora si o Prestige tiña un plan de emerxencia. Mangouras, sorpresivamente, afirma que “non o lembra”. Insiste a avogacia do estado e agora si, Mangouras considera que “sabia o que tiña que facer en caso de emerxencias”.
“Comunicou vostede toda a información debida as autoridades españolas?” pregunta Javier Suarez. Mangouras afirma que si, incluídos os datos de carga e situación da nave. Pero, informou as autoridades do estado real do barco cando se produciu o accidente e no momento da avaría?”. O capitán di que “en primeiro lugar tentaron recibir remolque pero despois eu agardaba que o barco entrase a un porto seguro e me dixeron que non”.
- Receso as 12:05h:
- 12:18
Volta o interrogatorio, con máis preguntas do avogado do estado, Javier Suarez. Preguntas agora sobre o día 15 de novembro de 2002 e o goberno do barco. “A máquina funcionaba correctamente?” pregunta Suarez. “si, aló menos ata o momento do accidente”.
“O pregunto” di o avogado “porque si a apagou vostede de motu propio é que podía volver a encenderse en calquera momento?”. “Si, asi é” resposta Mangouras.
Nova discrepancia, porque o parecer no seu informe o capitán de salvamento que abordou o mercante afirmou que “o buque non ten propulsión, nin arranque nin compresor e o motor non podía arrancar”. “esto non é correcto” di Mangouras “o motor parou porque o mandei parar eu. Non sei de que me fala”.
Sobre este particular, o día 14, cando o buque está máis preto da costa. O avogado pregunta si “era lóxico alonxar o mercante ese día”. Di Suárez que “se había un remolque firme, o mercante había que levalo a oeste-noroeste”. “Se o barco se alonxa con ese rumbo e o vento ven de esa banda, que seria o loxico, tentar que o mar ataque o mercante polo costado de babor?”. “Si, eso sería o adecuado”. Pero puntualiza Mangouras “era correcto, pero cara onde se levaba?”
- 12:28
Detalles sobre a conversa entre Mangouras e o capitán de salvamento que aborda inicialmente o Prestige e o rumbo que toma o barco dende ese momento, na madrugada do dia 15. “Quen tomou a decisión de tomar rumbo sur?”. Mangouras resposta “vin que o barco viraba cando apagamos maquinas e que o mercante non sufria no rumbo sur. Aí solicitei a Hitchman (o capitán de salvamento) continuar en rumbo sur. Logo cambiamos de rumbo pero non foi decisión miña”.
“Pero non é certo” di o avogado “que si se continuase rumbo sur, vindo o mar do noroeste, non é certo que o mar golpearía con máis forza no costado avariado?”. Aquí o capitán do Prestige evita contestar claramente pero recoñece que “si, iso esta claro”. Javier Suarez insiste “Pero, si o remolque o tiveran recibido por popa, non afectaría menos o costado avariado do mercante?”. “Si” resposta o capitán.
- 12:35
Imos o día 15. Mangouras recoñece que o dia 15 “eu vin outra brecha na cuberta e indiquei que a nosa permanencia no buque nos puña en risco.” O avogado replica “e nese momento pareceu normal que o buque puidera ter estado ata o dia 19 ainda a frote?”. “Non” contesta o capitán “non foi normal”.
- 12:40h:
Sobre a saída do capitán e do seu primeiro oficial e xefe de máquinas do mercante. Mangouras afirma que non recolleu o diario de navegación nin lle dixo a ninguen nada sobre recollelo antes de sair do mercante. Mangouras di que “non había notas nin borradores a man ademais do diario de navegación a bordo”.
Tense cuestionado tamen en numerosas ocasións sobre a posible manobra de anclar o mercante en fondos cercanos a costa utilizando as ancoras do Prestige ata con profundidades de 150 metros e ata 2 millas de distancia da costa. O avogado pregunta agora sobre esta manobra e Mangouras afirma que nese caso e con esa profundidade “podería ter usado as áncoras”. Javier Suárez pregunta “e a esa distancia e profundidade seria firme o ancoraxe?”. Mangouras afirma que si, pero Suarez dubida “digo isto porque teño entendido que en este caso non serian efectidas, e así?”. Mangouras insiste “nun principio o mercante podería ter arrastrado as ancoras pero o cabo duns metros estas frearian o barco”.
- 12:45h:
Volvemos sobre a corrosión dos tanques de lastre. O avogado ensina aquí un documento onde o capitán confirma, nun informe por escrito, en inglés, que o tanque esta “in good condition”, contrariamente o estado no que afirmaba que estaban o pasado martes, cando recoñeceu ter visto “corrosión”.
O avogado ensina agora diversas fotografías nas que técnicos expertos indentifican corrosión no casco do Prestige e nos tanques de lastre. Mangouras recoñece por medio desas fotos que “só o ver o detalle nas fotos e onde se aprecian claramente a corrosión”. Este extremo motiva de novo o avogado a increpar a Mangouras en termos de que “entendo que o que di, pero non entendo como este aspecto os levaba a dicir que a corrosión non era grave”.
- 13:12
-
Rematan as preguntas do avogado do estado e comezan as de Consuelo Castro, avogada do estado que exerce neste caso a defensa de José Luis Lopez-Sors.
A letrada comeza preguntando a Mangouras se no momento inicial da catástrofe tivo a sensación de que existía un rico inminente de perder o barco, ó que Mangouras resposta afirmativamente. “Cal puido ser a causa dese forte ruído que se escoitou segundo vostedes no momento do accidente?”. Mangouras resposta “a miña impresión é que foi a presión dentro dos tanques a que motivou o ruido e a conseguinte avaría".
Continúan agora as preguntas da abogada, pero sobre a operación de rescate “considera que fou rápida, suficiente?”. Mangouras di que si pero puntualiza que “non vin chegar ó remolcador, aínda que si chegou como din as 18:30 da tarde sería moi rápida”.
- 13:20
-
Máis detalles. Pregunta da abogada “Universe Maritime se entera do accidente logo pola televisión?”. “Pois si” di Mangouras, “é posible”. “O meu primeiro pensamento foi que un mamparo interior romperá e por iso escora, pero eu tamen asumin que podía ser outra cousa”.
“Como é posible que vostede lle diga a salvamento de Finisterre as 21:30 horas da noite que é un mamparo o que esta roto e non as tapas do casco?”. A letrada pregunta agora en relación ao momento no que se tivo verdadera constancia de que o mercante estaba verquindo fuel ao mar na tarde do 13 de novembro. Mangouras insiste en que o fuel saia por arriba, polo furados producidos na cuberta pero non pola brecha que se producirá no casco.
Sobre as conversas entre Mangouras e a administración española, pregunta Consuelo Castro “ademais do xa coñecido, da ruptura do mamparo e do estado xeral do barco, que outra información puido facilitar a admistración española?”.
“Pois os xa coñecidos. Tamén expliquei as manobras que realicei para lastrar de novo o barco e tratar de impedir que verquira fuel o mar. Dinlle toda a información que me requeriu”.Entramos no asunto principal. A defensa de Lopez-Sors pregunta a Mangouras sobre meter o barco no Porto da Coruña. A letrada afirma que non podía entrar no porto herculino pero Mangouras replica que “outros puntos como a ensenada de Corcubión si”. “E si o barco estivera no estado que estaba?”. Mangouras afirma “si, por suposto. Con mangueiras de protección poderiase ter feito un trasvase da carga a outro buque”. Continua Castro “e si vostede o via rtan claro, porque non o suxeriu?”. “pois” di Mangouras “porque si a miña armadoira me di que o gobernó español non orece un porto refuxio eu non podo decidilo so”. “Cando eu falo co armador pregunto ¿a onde nos levan?. E me responderon que non nos aceptaban en ningún lado xa non suxerin nada”.
Imos ó día do accidente. A avogada pregunta “pensa vostede que esas 22 horas a mercede do mar non afectaron o buque na sua solidez estrucutural?” Mangouras a isto di “non, non afectaron”. Pregunta “cre que esas 22 horas son responsabilidade da administración española?”· “Non” di Mangouras “nese tempo fixose todo o posible”. “pero” insiste a letrada “vostede dixo que nese tempo fallaron remolques e romperon estachas, non pensa que puido volver a pasar?”. “ eu dixe” di Mangouras, “que sin o remolque do Ria de Vigo teriamos tirado as ancoras”. “E nesa tesitura non era mellor alonxar o buque da costa” pregunta a avogada “En parte si, nese momento si”.
Mangouras, implícitamente, esta a recoñecer que a manobra do estado de alonxar nun primeiro momento o buque da costa foi correcta.
- 14:00h
-
Vaise pechando o interrogatorio da avogada da defensa de Lopez-Sors ao capitán Mangouras con preguntas sobre o trato recibido por este por parte dos servizos de salvamento. “Sentiu vostede que foi tratado debidamente polos servizos de salvamento?”. Mangouras considera que “non creo que ninguén quixera afogar a ninguán pero nunca nos dixeron onde querían levar o barco, dábanos rumbos erráticos, había medo e inseguridade e sabíamos que o dia 15 entraba un novo temporal. Iamos nun barco en moi mal estado, por eso pedimos ser evacuados”.
Péchanse por esta semana as declaracións, que se reanudarán o próximo martes, presumiblemente coa finalización das preguntas ao capitán do Prestige e o inicio da declaración do seu xefe de máquinas.
- José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.
Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Novas relacionadas
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
- O Xuizo do Prestige existe e ten data.
- Un plan de protección ambiental para a costa pero sen a costa.
- Limpando os grans de area.
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
- Tempo de ir ás crebas: Chapapote no Rostro.
- Lorena Martínez: As cifras do Prestige.
Máis novas
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: "Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
Os voluntarios que cambiaron a Costa
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
-
- 14:00h
-
- 13:20
-