Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Última hora (VII): Mangouras declarando 10 anos despois

Última hora (VII): Mangouras declarando 10 anos despois
Mangouras dende a sala de prensa do xuizo do Prestige-Foto- Jose Luis Louzan

- Conclusión completa do primeiro día de declaración de Mangouras: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.

  • 13:45h:

Sobre os momentos posteriores o accidente, nos que baixo goberno da autoridade marítima española, o barco viaxa pola costa e o dia 15 se dirixe cara un rumbo que Mangouras considera “errático” e que calificou de “un rumbo no que nos levan nun féretro flotante e nos levaban a afogar”.

A Fiscalia pregunta a Mangouras si pediu expresamente as autoridades que introduciran o barco na costa. O capitán afirma que cando viu que o mercante superaba a liña de Finisterre percibiu que non existía intención alguna nese sentido e non expresou esa idea.

Aínda máis, a fiscalía pregunta explícitamente si o rumbo adoptado (alonxar o buque da costa) foi o mais adecuado ao que Mangouras rspostou que “en ningún caso” e que a súa intención primeira foi, mesmo, “anclar o barco preto da costa” nunha zona con escasa profundidade. “Fun tratado coma un criminal” concluiu o capitán do mercante sinistrado.

Despois deste punto a presidencia decidia dar por rematadas as declaracions por hoxe a espera de saber si maña a celebración da Folga Xeral permitirá que exista quórum suficiente para celebrar unha nova xornada de declaracions dentro das vistas pola catástrofe do Prestige.

Ir a descargar
  • 13:18h:

O interrogatorio continúa tratando por parte da Fiscalía de clarexar as circunstancias que fixeron o capitán tomar a decisión de non recibir remolque por parte do “Ría de Vigo” a pesares da gravidade do estado do buque neses intres.

Neste senso, a pescuda da fiscalía calibra ata que punto o Capitán era consciente de gravidade do accidente. Mangouras insiste en que nunca se negou ó remolque e tamén nega que recoñecese “carecer de remolque de emerxencia” en palabras do fiscal Ortiz. Discrepancia aquí co capitán do Prestige que afirma que si existía cable de remolque de emerxencia, pero non en proa, senón na popa do barco.

  • 13:00h:

Sobre a presunta desobediencia de Mangouras a orde de recibir remolque por parte do “Ría de Vigo” o capitán afirma que cando se produciu esa orde non estaban en disposición de comunicar coas autoridades. Punto de inflexión no transcurso do interrogatorio, porque a fiscalía insiste en que Mangouras si comunicou co centro de Salvamento de Finisterre para negar o remolque. Mangouras, máis nervioso, deféndese afirmando que non se negou ao remolque senón que pedíu tempo dado que esa operación “tiña un custo enorme”. Aquí a defensa de Mangouras protestaba diante do tribunal o considerar que o seu defendido “non é un letrado” para saber si esa era ou non unha orde directa.

Mangouras insiste en que “non percibín que o barco estivera en ese risco extremo e pedin tempo para consultar o meu armador sobre as circunstancias do remolque”. “Non fun consciente do tempo que transcorriu dende que comunicou comigo Salvamento Maritimo ata que puden por fin respostar a sua chamada” di Mangouras.

“En ese momento o barco era imposible de remolcar. Cunha escora de 25 a 30 graos era imposible”, continúa o Capitán que a preguntas da fiscalía di tamen que “o meu retraso en comunicar con Finisterre foi por confirmar que era exactamente o que tiña sucedido no barco”.

  • 12:45h:

Despois dun breve receso a petición do tribunal, continúa a declaración do Capitán do Prestige, primeiro dos imputados en ser interrogado dentro das vistas do proceso pola maior traxedia medioambiental en Europa.
Nesta fase do interrogatorio a fiscalía fala da pilotaxe do barco no momento do accidente. En concreto, o Fiscal Medioambiental cita que o goberno da embarcación en condicións de temporal no mar por parte do capitán foi diferente no caso do Prestige a cando Mangouras patroneou outros barcos.

A Fiscalía pregunta concretamente quen foi o que dou o MayDay na noite do desastre. Mangouras recoñece que naqueles instantes inicias non foi el quen se encargou de dar a alarma, dado que se atopaba tratando de descubrir que sucederá exactamente no momento do accidente.

O Capitán afirma que naqueles instantes, no momento da avaria, ondas de grandes dimensións cruzaban o barco “como si fora un submarino”.

A fiscalía pregunta a este respecto pola que denomina “teoría da grande onda” e sobre a declaración diante do parlamento europeo do capitán. Mangouras di non lembrar exactamente estes datos. O capitán afirma que naqueles momentos a sua principal preocupación era “salvar a tripulación”.

Apostolos Mangouras emocionábase e mesmo choraba o lembrar aqueles momentos, preguntado sobre o momento da evacuación do buque e cando o “Ría de Vigo” pedía dar remolque a embarcación. Mangouras non puido conter as lágrimas o lembrar aquel momento e o presidente do tribunal decretou 10 minutos de receso para permitir que o vello capitán se tranqulizase.

Ir a descargar
  • 12:00h:

Mangouras afirma que coñecía da existencia de “corrosión” nos tanques de lastre pero non de “rotura”.

  • 11:20:

A liña do interrogatorio da fiscalía continúa tentando demostrar, a priori, que o Capitán grego era consciente do estado da embarcación moito antes de producirse o fatal accidente. As pescudas de Álvaro Ortiz van agora na liña a comprobar se Mangouras sabia da gravidade da corrosión en varios puntos do barco (tanques de lastre e de carga) e en concreto no tanque de carga nº3 (o que provocou a fenda e posterior afundimento en decembro de 2002).

A fiscalía inquire a Mangouras sobre do seu coñecemento das circunstancias de outros petroleiros afundidos previamente (por exemplo o Erika) e este afirma que sabia do feito pero non das circunstancias particulares. Ortiz pregunta se “no mundo do mar” non se comentaron as especias circunstancias que provocaron o afundimento de aquel mercante (precisamente, a corrosión nos tanques de lastre e carga) ao que o Capitán di que non.

Da declaración se están a extraer datos de todo tipo. Por exemplo, o capitán do Prestige cobraba 7000€ o mes pola súa labor como capitán do petroleiro, cifra lonxana a que cobrarían os tripulantes sobre os que a fiscalía esta a expresar agora diversas dúbidas. Álvaro Ortiz pregunta a Mangouras sobre a cualificación da tripulación e sobre si coñecía cal era a preaparación dos tripulantes do mercante sinistrado.

Volvendo o estado do buque, Mangouras recoñeceu, que nun informe previo o accidente figura unha indicación súa sobre a existencia de corrosión nos tanques de lastre.

Sala de prensa do Xuizo do Prestige-Foto-Jose Luis Louzan
  • 10:30h:

O interrogatorio entra agora en dirimir se o Capitán coñecía da prohibición de entrada do “Prestige” en certos portos a causa do precario do seu estado. En concreto, a fiscalía fai mención a numerosos portos internacionais a onde Mangouras tería gobernado o pretoleiro sen ter, inicialmente, permiso para atracar neles. O capitán afirma en todo momento descoñecer esta circunstancia, aínda que non termina de quedar claro si a testemuña esta ou non entendendo parte do que se lle pregunta a vista das súas respostas e do seu descoñecemento do emprazamento dalgún deses portos.

Neste senso, a fiscalía esta preguntando a Mangouras polo seu coñecemento real do estado do buque. En concreto, se pregunta o capitán pola renovación dos tanques de lastre, que foron motivo dunha longa estadía (40 días) nun porto Kosovar en 2000. A Fiscalía cuestiona a Mangouras sobre se era entón coñecedor do estado dos tanques de lastre, totalmente corroídos e que foron motivo de queixa por parte do organismo encargado da seguridade do buque (ABS). O Capitán recoñeceu que esa longa reparación dos tanques de lastre existiu e a este respecto afirmou que era ABS (empresa encargada de asegurar a embarcación) quen debía cerciorarse do estado deste.

  • 10:14h:

Mangouras continua respostando o ministerio fiscal e insistindo no seu descoñecemento do estado previo da embarcación, ó tempo que lle está sendo mostrada documentación na que se expresa, por parte do anterior equipo de control do petroleiro, que o estado do mesmo non era nin moito menos óptimo. En concreto, a fiscalía esta a ensinar unha parte do diario de navegación do anterior capitán do Prestige, onde este fala de diversas deficiencias tanto no casco do buque como noutras partes do mesmo.

En concreto, e diante da documentación ofrecida e a preguntas do Fiscal de Medioambiente de Galicia, Mangouras manifesta que si observou certas deficiencias (corrosión nalgúns puntos, etc) pero que en ningún caso lle pareceu grave. En todo, caso, afirma o Capitán, el non é “un técnico cualificado”. Sobre o resto das posibles deficiencias, expresadas polo anterior capitán, estado considera que estando en porto non tivo constancia do estado real da embarcación.


Comentarios