Xoves. 28.03.2024
El tiempo

QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige

QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige
Imaxe do Prestige en Corcubion - Foto- Felipe Garcia

10 anos despois comeza o xuizo máis agardado da Costa da Morte (con permiso verbeneiro). O Macroxuizo do Prestige comeza hoxe, martes 16 de outubro de 2012, e o fai en clave de espectáculo mediático. Para iso xa está lista unha sala na feira ExpoCoruña para que hai empregados 1,4 millón de euros pola Audiencia Provincial da Coruña.

En QPC e mais en GC faremos un Seguemento especial do xuizo da man dun especialista no asunto, e vello coñecido desta casa. José Luís Louzán fará de enviado especial de ambas casas para traer información de primeira man, gracias á colaboración dunha casa comprometida co territorio da Costa da Morte, como é Suministros Lar.

Con el faremos un completo seguemento do xuizo, que durará ata o 29 de maio, e ademais poderemos descubrir feitos que aínda non se coñecen, como algunha esperpénticas conversas entre os implicados.

No macroxuizo, con 2.128 partes personadas, 133 testemuñas, 98 peritos, 51 abogados e 21 procuradores, hai un total de 4.120 millóns de euros de reclamacións. Un dos días máis agardados, e non só porque sexa o aniversario concreto, será o 13 de novembro, día no que testificará o propio Mangouras, capitán do buque e acusado a 12 anos de cárcere.
Pero xa hai quen protesta pola falta de resposables políticos.

A que tamén estará presente é a Plataforma Nunca Máis, que vén de reaparecer canda o xuizo e que estará presente na concentración que terá lugar diante de ExpoCoruña ás 11:00h.

Aquí os vemos unha vez que actualizamos con esta imaxe ás 12:00h:

Novas relacionadas

Máis novas

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Fonte

Comentarios