Venres. 19.04.2024
El tiempo

O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis

O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis
Menos medios na Sala de prensa do Xuizo do Prestige en Expo Coruna

Quinta xornada de declaracións no Marco do Xuízo pola traxedia do “Prestige” na Costa da Morte. E a nota máis destacada é que a suspensión das vistas ás 11:50h trala petición da avogada da defensa do ex Director Xeral da Mariña Mercante. Unha decisión moi protestada polo avogado de Nunca Máis.

A xornada comezaba coa declaración de Nikolaos Argyropoulos, Xefe de Máquinas do mercante sinistrado, a preguntas do avogado da defensa de Mangouras e da avogada do estado encargada da defensa de José L. López-Sors.
Argyropoulos tería recoñecido nun fax que o mercante viaxaba cunha única caldeira (a de babor) en estado plenamente operativo. Fai referencia a letrada a un fax, asinado polo anterior capitán do mercante, na que xefe de máquinas recoñecía que o mercante viaxaba coa súa maquina en estado operativo, si, pero con defectos importantes que minguaban a súa capacidade en condicións extremas.

Problemas na máquina e incongruencias

Preguntado pola avogada a Argyropoulos si lembra que dixo en Corcubión que o barco “tiña unha fisura”. “Non podo precisar si era así nin o tamaño que tiña”. O xefe de maquinas amosa certa discrepancia co que el mesmo declarou en Corcubión, o afirmar hoxe que foi unha onda “fenomenal” a que chocou co mercante, extremo o que non fixo mención algunha na xulgado corcubionés.

Xa na súa quenda, o avogado da defensa do propio Argyropoulos, Paulino Riveiro, preguntaba a este polo dia do accidente para xustificar que “aínda que non era a miña labor” o técnico participou cando lle foi requirido nas tarefas de rescate e remolque do mercante.

Nunca Máis amosa o seu malestar Membros de Nunca Máis protestando as portas do Xuizo do Prestige pola falta de imputados politicos

O máis salientable da xornada sucedía o remate da mesma cando uns trinta membros da plataforma Nunca Máis amosaban, no interior da sala primeiro e logo as portas da mesma, unha performance (segundo a definía o propio presidente do tribunal) con camisetas na que amosaban o seu malestar pedindo que “Na Galiza, impunidade Nunca Máis”.

Neste senso se expresaba o propio voceiro da plataforma, Xaquín Rubido, quen insistía en non crer na imparcialidade do tribunal, entre outras cousas, o non poderse utilizar o galego na vista. Sobre este particular, o presidente da sala José Luis Pía, expresou a intención do tribunal de que se solucione para que maña o letrado de Nunca Máis pregunte a López-Sors nesta lingua.

Por outra banda, a sesión de hoxe quedaba suspendida despois de que a maioría dos letrados presentes na sala se adherise a petición da avogada defensora de Lopéz-Sors, que pediu a suspensión por considerar que se podería producir indefensión do seu representado. Para o avogado de Nunca Máis, Pedro Trepat, esa suposta indefensión non era tal e por iso solicitou que se continuase coas vistas.

Finalmente a presidencia decidía a suspensión ata maña as nove e media da mañá, cando se retomaran as vistas.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios