Primeiras reaccións indignadas e resignadas sobre a sentenza do Prestige


As reaccións que nos traen os compañeiros de Hermanager Humor poden valer para definir o sentir de todo o país trala sentenza do xuízo do Prestige. Un días despois temos reaccións de todo tipo, pero a meirande parte dirixidas cara sentementos, efectivamente de indignación, e de resignación. I é que falta de responsabilidade, sobre todo a nivel político, é unha vergoña para todo o país.
Así o entende a poboación da Costa da Morte, como onte sentíamos polas redes sociais, que non dan crédito a unha sentenza que absolva todo tipo de responsabilidades. I é que o feito de escoitar que tras 11 anos de xuízo, a única resposta dun tribunal sexa aquelo do "non se sabe".
A primeira, a da Plataforma Nunca Máis, que considera a sentenza "radicalmente decepcionante". A entidade civil valora que é “peor das sentenzas que podíamos esperar” e que “para nada se corresponde co comportamento da sociedade galega e os miles de voluntarios/as que acudiron a limpar as nosas costas”. Ao tempo, entende que serve só para “lavar a cara ao goberno español”. A plataforma, a través do seu avogado Pedro Trepat, anunciou ademais que vai recurrir a sentenza.
Ademais, Iniciativa per Catalunya, aliado de Espazo Ecosocialista de Galicia, vén de levar a sentenza do Prestige diante da Comisión Europea.
Na Costa da Morte apenas se escoitan ecos, se ben o Pleno de Fisterra si que vía como o BNG rexistraba unha moción en resposta a sentenza. Unha sentenza que segundo o BNG fisterrán "amosa a total impunidade dos autores da marea negra e dos responsábeis políticos no goberno do PP no Estado e os seus cómplices na Xunta". Entenden ademais que "a resolución do xulgado permite que o Estado continúe controlando os dispositivos de transporte de mercadorías perigosas por mar nas costas galegas, impedindo que Galiza poida facelo em porto e en tránsito, e tamén que os medios de salvamento e prevención de catástrofes ambientais despregados nas nosas costas non sexan suficientes e adecuados para encarar situacións de risco ou combater a ameaza de contaminación".
Por todo isto, o BNG de Fisterra presentou a moción que "insta ao Pleno da Corporación Municipal a aprobación dun acordo no que se lamente a sentenza ditada que permite a impunidade dos seus responsábeis, tanto políticos como materiais e solicite á Xunta de Galicia a que demande ao estado a transferencia das competencias para o control e inspección dos barcos que recalan nos portos galegos e dos que transitan polo dispositivo de separación de Fisterra, para poder aplicar unha política preventiva".
Tamén emitiu un comunicado a Fundación Lonxanet, que fai metáfora titulándoo "Sentenza en branco sobre a negra realidade". Fai ademais un interesante paralelismo oposto entre cidadanía e gobernos: "A capacidade de reacción da sociedade civil e a carencia da mesma que padece a Administración pública".
Así, a entidade lembra aquela Marea Branca: "Fai once anos a cidadanía mostrou a súa madurez mentres quen debían tomar decisións botaban balóns fose esperando unha sentenza que, máis dunha década despois, sorrilles".
"Non hai culpables. Todo se fixo ben. Con todo, paradoxicamente, todo saíu mal". E insiste en que "a impunidade das decisións erradas continúa sobre a mesa, aínda que agora goza do selo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia".
Fala tamén ADEGA que califica de "aldraxante" a sentenza. O feito de que a catástrofe quede "sen responsábeis, sen culpables" "evidencia a prática impunidade coa que operan as petroleiras e os seus monicreques institucionais. Ningún responsábel nin procesado nin condeado e 0€ de indemnizacións. Sentenza "marca España"", denuncian, afondando nun clásico nos goberno do estado: "Nen erros recoñecidos nen leccións aprendidas: Igual que hai 11 anos".

Reaccións políticas
Tamén dende os grupos políticos se escoitaron os primeiros ecos. E comezamos o repaso pola único voz concordante ca sentenza, como non, a do partido de goberno naquel, e neste momento. O PPdG asegura que "a sentenza confirma que a xestión política do ‘Prestige’ foi axeitada". Así de sinxelo. A xustiza aválaos. Agora teñen argumentos para sempre, e aínda por riba poden acusar a grupos da oposición de "aproveitarse politicamente da catástrofe". A política do mundo ao revés.
Alternativa galega de Esquerda define a sentenza do ‘Prestige’ como a consecuencia dun “xuízo andrómena que remata en fracaso”. Ademais, "esixe á Xunta que recorra a lamentábel sentenza do ‘Prestige’". E dan pasos atrás, recordando que "os verdadeiros responsábeis da catástrofe non foron xulgados e son hoxe presidente do Goberno ou director xeral da Garda Civil".
E de paso manda recados aos poderes: “A xustiza que chega once anos despois non é xustiza”, engadindo que “Non se fixo nada para que algo cambiase e un accidente así non volva suceder”.
Mentres o BNG cualifica a sentenza do Prestige de “inxusta, lamentábel e feita ao ditado do PP”. Recordaron tamén que "á marxe do director da Mariña Mercante, as decisións claves foron adoptadas por parte dos máis altos responsabéis políticos que, lamentabelmente, non estiveron sentados no banquillo dos acusados”.
E falou en clave de autogoberno: "11 anos despois da catástrofe do Prestige, decisións claves para Galiza, como as relativas ao salvamento marítimo, seguen a ser adoptadas desde Madrid e non desde o noso país”.
Tamén falou Gómez Besteiro, o novo voceiro do PSdG, que sinala que a sentenza “chega inxustamente tarde”. A pesar da sentenza "insta aos responsables a pedir perdón pola mala xestión". Así e todo lembrou a paradoxa de que "algúns dos daquela responsables políticos ascendeu ata ocupar a presidencia do Goberno".
Invitou á reflexión e a “tomar ensinanzas” do sucedido, especialmente ós que naquel momento tiñan responsabilidades de xestión porque “a ollos de todos os cidadáns foi unha mala xestión política” dun accidente que se transformou nunha catástrofe medioambiental.
Seguemento especial do Prestige
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Artigos relacionados co Prestige
- Pablo Varela: Once anos e un día máis tarde.
- Lorena en Verde: As cifras do Prestige.
- Verdades de Louzán: Cheiro a fuel.
- Alberto Pose: Mangouras, cabeza de turco.
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).