O BNG de Cee critica que o alcalde contrate publirreportaxes na prensa
10:37 08/03/11
Denuncian hoxe dende vo BNG ceense que "o alcalde Ramón Vigo está enchendo os xornais de publireportaxes nos que presume da súa xestión". O BNG de Cee "reproba totalmente que o alcalde utilice os cartos de todos os ceenses para tratar de limpar a súa imaxe, despois de ser imputado por 7 causas na Operación Orquestra". Así, afirman que "se quere facer publicidade partidaria que a pague do seu peto" e denuncian que "é inadmisible e fraudulento que o alcalde utilice o seu cargo e os cartos do concello para facer campaña para as vindeiras eleccións municipais".
Destacan dende a oposición que "o gasto en publicidade do goberno de Cee é disparatado", e lamentan "ver como novamente o PSOE de Cee, coa vicealcaldesa á cabeza, aproba esta dilapidación dos cartos de todos os contribuíntes ceenses".
E nesa liña de dilapidación repasa o gasto en soldos políticos: "O actual Concello é o máis derrochador da historia. Con tres soldos políticos máis o da secretaria persoal do alcalde (un posto que nunca existira en Cee) que supuxeron máis de medio millón de euros nestes 4 anos".
Propostas de aforro
Así, o BNG propón medidas de aforro fronte ao goberno “derrochador” de IxCee e PSOE. No pleno do vindeiro venres 11 trataranse dúas destas iniciativas:
- Proposta para aforro enerxético. Centrada na eficiencia energética dentro do Concello.
- Proposta para cesión do Centro de Saúde á Xunta de Galiza mediante o acordo vixente xa dende o ano 2008, entre a FEGAMP e a Consellería de Sanidade.
A estas propostas hai que sumar outras anteriores:
- Proposta sobre autocompostaxe doméstica, aprobada por unanimidade no último pleno. Instalaranse nunha primeira etapa piloto 50 composteiros caseiros.
- Atenuación do alumeado público en franxas horarias nocturnas e en zonas despoboadas.
- Instalación de paneis solares nos edificios públicos para o seu autoabastecemento e para venda da enerxía sobrante á rede (fonte de ingresos para o Concello).
Publirreportaxe na prensa
- La Voz de GaliciaEl Concello de Cee invirtió más de 3 millones en las zonas rurales.
Novas relacionadas
- Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- Da carencia en prazas de gardería na Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.