Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee reclama un pleno para rebaixar o salario do alcalde

O BNG de Cee reclama un pleno para rebaixar o salario do alcalde
Serxio Domínguez, portavoz do BNG de Cee, manifestou diante das razóns esgrimidas polo PSOE e PP para desistir do pleno extraordinario solicitado para facer efectiva a rebaixa do salario do alcalde, Ramón Vigo, aprobado segundo explica "con mala fé, aproveitandoa ausencia do portavoz do BNG durante dez minutos que esas razóns do PP e do PSOE demostran a clara connivencia e confianza que teñen co alcalde". Nun comunicado remitido á redacción de QPC, Serxio Domínguez engade que o "o lóxico sería non desistir do pleno solicitado a cambio de que Vigo convocase un novo pleno cunha nova proposta do seu salario, que é como darlle un cheque en branco para que continúe a manter o seu salario". Ademais, Serxio Domínguez manifesta que "en canto á reunión mantida co alcalde, unha conversa informal acompañado doutro compañeiro, foi para escoitar as razóns de por que non agardou 10 minutos para celebrar o pleno e para afearlle a súa falta de ética, demandándolle a convocatoria dun pleno". Por outro lado, neste mesmo comunicado informa que "foron PP e PSOE os que nos fixeron saber ao BNG que si estaban dispostos a chegar a un acordo económico por unha cantidade menor, o BNG nunca propuxo nin a alcalde nin ao resto da oposición cantidades, estando incluso o PSOE disposto a ceder a súa postura inicial de non dar soldo algún".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios