O BNG denuncia que o PP quere obrigar aos Concellos a financiar o saneamento da ría de Corcubión


O pasado venres era o PP o que botaba as culpas ao BNG de non dar un paso adiante cara o saneamento da Ría de Corcubión. Hoxe asembleas locais do BNG de Corcubión e de Cee as que denuncian que "o PP unha vez máis volve a impedir a rexeneración da ría de Corcubión". Aseguran ademais que "a súa deputada Marisol Piñeiro volve a mentir ao botarlle a culpa ao BNG, único partido que xa levou varias propostas ao parlamento galego e europeo para que se cumpra tal fin".
Foi o BNG o que presentou unha moción o pasado 23 de maio, pero o PP puxo unha enmenda. Esta foi rexeitada polo BNG ao entender que a emenda "non compromete á Xunta a que os traballos empecen de inmediato, ademais de querer intentar facer participes dos traballos aos concellos de Cee e Corcubión, cando a situación financeira deste concellos fai totalmente inviable que podan facerse cargo de tal fin, e cando as competencias en materia de saneamento corresponden dende o 2001 a Xunta de Galicia".
Nese sentido, a proposta do BNG pedía un "compromiso de mínimos para iniciar o saneamento inmediato da ría, e que a Xunta deixe de estirar no tempo a súa promesa de saneamento para a cal xa no 2010 prometera 3 millóns de euros".
Denuncia así o BNG que "o PP sigue así condenando ao sector marisqueiro da ría a desaparición total, sin esquecer do que tamén lle afecta a outros sectores como o turístico".
Novas relacionadas
- O PP culpa ao BNG de non dar un paso polo saneamento da Ría de Corcubión.
- O BNG pide que a suposta chegada da fábrica de tubos traia o saneamento da ría.
- O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- O BNG explica o seu plan de desenvolvemento económico comarcal.
- Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos.
- 14-04-10: A caño libre.
Fonte
- Nota de prensa do BNG, da man do Responsable Local de Corcubión, Paullino Castiñeira, e da Responsable Local de Cee, Dioni Mancha Rei.