O BNG pide traballos de prevención de incendios


A comezos deste mes, comezaron a funcionar na comarca as brigadas de extinción de incendios, froito dos convenios da Xunta cos concellos. E hoxe é o BNG ceense o que critica ao goberno municipal por "falta de preocupación".
No caso particular do concello ceense, cunha masa forestal moi ampla nas parroquias de Lires, Pereiriña e Toba, e importantes en Brens e Ameixenda, dende o BNG non entenden que "o concello non asinase o convenio coa Xunta, tendo en conta ademais que a sinatura podería traer consigo 10 postos de traballo como en Vimianzo ou Zas coa posta en marcha de dúas brigadas".
Apuntan ademas que "tendo en conta ademais a perda do grumir polo noso concello en favor de Muros e Ponteceso a uns 50 quilómetros de nós, a necesidade de ter limpo, vixiado e controlado o noso monte, ou intervir nel en caso de incendio, e se cabe unha razón mais para ter posto en marcha os medios precisos".
A toda a problemática, hai que engadir a folga dos bombeiros do parque comarcal, que pode afectar á situación de risco.
Novas relacionadas
- O GES xa é unha realidade en Muros e Ponteceso deixando orfos a Vimianzo e Cee.
- Esixen solución ao retraso dos pagos da Escola de Música de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.