Luns. 19.10.2020
El tiempo

O BNG propón que os traballadores de Ferroatlántica expliquen as súa posición no Parlamento

O BNG propón que os traballadores de Ferroatlántica expliquen as súa posición no Parlamento
folga-ferroatlantica Traballadores e traballadores de Ferroatlántica levan meses pedindo a non segregación das actividades das fábricas da Costa da Morte Despois de que Ferroglobe solicitase a semana pasada a segregación das actividades nas súas fábricas de Cee e Dumbría, o BNG propón que unha representación dos e das traballadoras de Ferroatlántica comparezan no Parlamento para explicar a súa posición en contra desta operación especulativa, tendo en conta que “o único plan industrial real para a comarca é o vínculo entre explotación eléctrica e a industrial recollida na concesión”. A intención de Villar Mir, investigado por presunto financiamento ilegal do PP, de facer caixa coas centrais do Xallas non é unha cuestión técnica e xurídica, como enfatiza a Xunta, senón unha cuestión política. Así o defende a portavoz nacional, Ana Pontón. “É unha cuestión política e, desde o BNG, formulamos unha pregunta: É legal permitirlle a unha multinacional dar un pelotazo a costa dos nosos ríos, é legal permitirlle ao imputado Villar Mir dar un pelotozo de 255M€ a costa de liquidar 300 empregos na Costa da Morte, é legal permitirlle un pelotazo de 255M€ a unha multinacional dirixida por un condenado polas tarxetas black e tamén imputado por financiamento ilegal do PP?”, argumenta Pontón. A dirixente do BNG conclúe que o único “legal” con Galiza é impedir a segregación e venda das centrais dos ríos Xallas e Grande, “porque os recursos naturais de Galiza teñen que estar a disposición deste país e non para que Villar Mir especule cun ben público para, de xeito literal, coller a pasta e largarse”. Empregos ana-ponton-bng A portavoz do BNG, Ana Pontón, pídelle a Feijoo que non ceda ante a "chantaxe" de Villar Mir Neste sentido, e ante o rosario de promesas da multinacional, o BNG lembra que desde que Villar Mir adquiriu Ferroatlántica o emprego nas plantas pasou de 500 a 300 postos de traballo, que os 700 empregos reiteradamente anunciados nin están, nin se esperan e que investimentos como a construción do famoso forno 23 en Dumbría é unha promesa anunciada fai 16 anos pola que a empresa recibiu 2,5M€ que agora volve a sacar da chistera. “Feijóo ten que estar á altura das circunstancias e non pode ceder á chantaxe de Villar Mir, a través desta pretensión de venda especulativa que só buscar facer caixa con recursos públicos para pagar débedas das súas empresas fora de Galiza”, indicou Pontón. Documentación A dirixente do Bloque tamén reclamou a comparecencia urxente en Pleno do presidente da Xunta para que explique a posición do Goberno galego, agora que xa non pode seguir escudándose na ausencia dunha socilitude oficial por parte de Ferroglobe. Neste sentido, Pontón tamén solicitou a remisión inmediata ao Parlamento de toda a documentación presentada pola multinacional para xustificar a súa petición de segregación e venda das centrais, así como unha reunión urxente coa representación do cadro de persoal “que levan meses petando nas portas da Consellería de Industria”.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

comentarios