domingo. 08.06.2025
El tiempo

O Comité critica a retirada das axudas ás entidades sociais e culturais da Dirección de Ferroatlántica

O Comité critica a retirada das axudas ás entidades sociais e culturais da Dirección de Ferroatlántica
ACB Costa da Morte con Ferroatlantica O ACB Costa da Morte foi unha das entidades que denunciou a renuncia de Ferroatlántica a seguir colaborando o pasado mes O pasado mes dabamos conta que Ferroatlántica estaba a retirar o seu apoio ás entidades deportivas. Hoxe, o Comité de empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas quere amosar o seu malestar co trato que a Dirección de Empresa do Grupo Ferroglobe está a ter co esas entidades e asociacións deportivas ou culturais coas que estaba colaborando. ”Non existen razóns obxetivas e menos económicas que xustifiquen que non se sigan mantendo estas axudas, xa que nos 2 últimos anos colleitaron importantes beneficios das factorías e centrais da comarca pola explotación dos nosos recursos e cunha previsión de que así se manteña polo menos a curto prazo”, denuncia o Comité. Lembran ademais o “compromiso adquirido na reunión en Cee do 17 de xullo, cos alcaldes da comarca e este comité de seguir mantendo estas axudas” que a dia de hoxe non se está a cumprir. ”Non se está a reclamar esmola”, matizan, “reclámase, como xa o dixemos na loita mantida contra a venda das Centrais, xustiza social, que a empresa revirta na comarca parte dos beneficios obtidos pola espoliación e explotaicón dos nosos recursos naturais, en inversión directa para creación de novos postos de traballo, nos concellos para a mellora do benestar e na entidades sociais para que poidan manter as suas actividades”.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

 

Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios