O Concello de Cee insta á Xunta a acometer dúas obras urxentes de saneamento para a ría de Corcubión


Enviaba a Xunta esta semana á Costa da Morte o "Informe previo, análise e diagnóstico da Rede de saneamento da ría de Corcubión 3 Cee", elaborado polas empresas ICEACSA e PRYFE para Augas de Galicia. Falamos dun dos proxectos de saneamento máis importantes da zona, que parece que pouco a pouco, tras 20 anos de loitas, está a coller forma.
Hoxe é o Concello de Cee o que avisa á Xunta, como fixera o o BNG costeiro, de que "os Concellos afectados non teñen recursos suficientes para adoptar as medidas necesarias". Pero ao tempo, insta á administración autonómica a "manter unha reunón para deseñar un plan de actuación que corrixa gradualmente as graves deficiencias".
E incide en dúas actuacións concretas e urxentes: a correcta posta en marcha do bombeo de Brens, e a eliminación de aporte de augas fluviais á rede de saneamento que provca un sobredimensionamento da estación de bombeo situado na rotonda da Avda. Lino Rodríguez Madero, unha actuación que solventaría os continuos problemas que inverno tras inverno ocorren na Avda. Fernando Blanco.
A ver se as esixencias van a bo porto.
Novas relacionadas
- O BNG denuncia que o PP quere obrigar aos Concellos a financiar o saneamento da ría de Corcubión.
- O PP culpa ao BNG de non dar un paso polo saneamento da Ría de Corcubión.
- O BNG pide que a suposta chegada da fábrica de tubos traia o saneamento da ría.
- O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- O BNG explica o seu plan de desenvolvemento económico comarcal.
- Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos.
- 14-04-10: A caño libre.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee da man do teniente alcalde Daniel Oca.