Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo anima á cidadanía a participar na marcha de Ferroatlántica deste venres

O concello de Vimianzo anima á cidadanía a participar na marcha de Ferroatlántica deste venres
ferroatlantica-cee Este venres, día 10, terá lugar unha marcha que parte ás 19:30 horas da fábrica de Brens e remata na praza do concello de Cee Son varios os alcaldes da Costa da Morte os que apoiaron en máis dunha ocasión aos membros do Comité de Empresa de Ferroatlántica. O último en facelo é o rexedor de Vimianzo - Manuel Antelo - que publicou onte un bando no que anima á cidadanía a apoiar as reivindicacións do cadro de persoal das factorías de Ferroatlántica en Dumbría e Cee. No bando explícase que o Comité de empresa de Ferroatlántica está a desenvolver distintas accións para evitar que a empresa segregue as actividades industriais e as de produción de enerxía. "Esta segregación suporía, de facto, o peche das factorías de Dumbría e Cee. Este peche tería un custo social moi elevado na comarca, pois nas ditas factorías xenéranse ao redor de 400 postos de traballo directos", indican dende o grupo de goberno de Vimianzo. O alcalde chama a poboación a participar na marcha de apoio ás demandas das traballadoras e traballadores que partirá o vindeiro venres 10 de marzo ás 19:30 horas da fábrica que a empresa ten en Brens-Cee e rematará na praza do Concello de Cee.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte  

Comentarios