O Hospital de Cee renova un tercio dos seus traballadores


De toda a zona é sabido que boa parte dos traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee o son porque non lles queda outra. Moitos son chegados de outros puntos da xeografía galega e en canto poden, tentan "escapar" da nosa zona. A pasada semana foron preto de medio centenar os que "conseguiron marchar" polo que o Hospital tivo que renovarse.
Así, e como resultado do remate da Oferta Pública de Emprego 2008/2009 convocada polo Servizo Galego de Saúde, e do Concurso de Traslados 2010, ven de incorporar ao novo Persoal Sanitario non Facultativo e Persoal non Sanitario a 12 auxiliares de enfermería, 24 diplomados en enfermería, 3 técnicos de radioloxía, ademais de 7 novos auxiliares administrativos. A este persoal hai que engadir as 3 matronas, os 2 técnicos de laboratorio e 1 fisioterapeuta que se incorporaron en pasadas datas.
Estas 46 novas incorporacións á plantilla do Hospital supoñen un cambio do 30% do total do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario. O número total de traballadores que compoñen a plantilla do Hospital de Cee acada os 235 profesionais.
Novas relacionadas
- A nova Unidade de Dixestivo do Hospital xa atendeu 400 pacientes dende febreiro. li>Baixa nun 32% a lista de espera para consultas externas no HVDX.
- Ningún paciente esperou máis de 3 meses para operarse no HVdX.
- O HVdX criba o cancro de mama e festexa o Nadal con máis de 200 cativos.
- Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira: A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Fonte
- Nota de prensa da Consellería de Sanidade.