O IES Fernando Blanco promove os almorzos saúdables e a boa música
08:09 07/06/18
As pandereteiras que forman o grupo Tanxugueiras actuaron durante o "Almorzo saúdable" do IES Fernando Blanco de Cee
Nos xardíns do IES Fernando Branco de Cee esocitábanse onte uns sons diferentes aos habituais. Nunha das zonas cubertas deste espazo, organizouse un "Almorzo saudable" amenizado polo grupo de pandereteiras Tanxugueiras.
Froita, leite, pan, iogures,... foron algún dos productos que puideron degustar o alumnado
Dende primeira hora, e dividos en dúas quendas, o alumnado, profesorado e persoal non docente participou nesta actividade coa que se trata de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importantcia de ter unha alimentación equilibrada para manter unha boa saúde.
Nos días previos o alumnado da ESO, dirixido polo seu profesorado, investigaron as propiedades nutricionais e a composición de diferentes produtos que se consumen habitualmente no almorzo. Tamén elaboraron unhas fichas coas coa identificación, composición e propiedades nutricionais de varios produtos que se ían servir no almorzo: diferentes froitas, leite, iogures, pan, etc.
Para esta actividade, o centro educativo de Cee contou coa colaboración da Casa Grande de Xanceda, que aportou os iougures que se consumiron no almorzo; a Granxa Moreira, que suministrou o leite; e a panadaría As Travesas que puxo o pan.
Novas relacionadas
- Fernando Castro, mestre do IES Fernando Blanco, gaña o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño
- Unha alumna do IES Fernando Blanco de Cee gaña o premio especial de Mellor Actriz Escolar
- Unha curta textil dos alumnos do IES Fernando Blanco, gañadora do Festival Audiovisual Olloboi 2018
- Redacción QPC ([email protected])