O porto de Brens, o segundo peirao autonómico en volume de tráfico comercial
10:51 16/02/15
Esta mañá houbo visita institucional no Porto de Brens, para comprobar as tarefas de descarga de manganeso do buque Socratis de case 200 metros de eslora. Unha visita que servíu para anunciar as boas cifras que colleita o Porto de Brens neste último ano. A infraestrutura moveu no pasado exercicio 477.000 toneladas de mercadorías situándose, ao peche do exercicio 2014, como o 2º peirao de titularidade da Xunta en volume de tráfico de mercadorías, só por detrás do de Ribadeo (tendo en conta que os da Coruña e Vigo son de titularidade estatal). O crecemento do 20% con respecto ao 2013 fai presaxiar que o porto segue medrando.
En canto ás mercadorías coas que se opera no porto de Brens, a principal materia prima foi o mineral de manganeso (192.000 toneladas), seguido do coque (128.000 toneladas), e as ferroaleacións (95.000 toneladas). Porcentualmente, destacaron as subas experimentadas no movemento de madeira aserrada e escouras. Á vista da evolución experimentada na actividade comercial, Rosa Quintana mostrou a satisfacción da Xunta de Galicia pola rendibilización do investimento realizado nun peirao que resistiu o duro contexto económico global.
A mañá serviu para coñecer de preto ao Socratis, procedente de Sudáfrica e que recalou con anterioridade en Santander. O barco, modelo Bulk Carrier, conta con 198 metros de eslora por 32 de manga e unha tonelaxe bruta de 34.374 quilos. Trasporta manganeso con destino a fábrica de Ferroatlántica en Brens e ten previsto deixar o porto na vindeira madrugada.
Novas relacionadas
- A Xunta recoñece a mala ubicación do heliporto de Lires despois de 2 millóns de euros de investimento.
- 07-05.14: Atracou o primeiro cruceiro da historia do porto de Brens… e marchou.
- A tulenadora si que parou no porto de Brens.
- 14-04-14: A CIG critica o circo mediático do cruceiro mentres esmorecen os postos de traballo no Porto de Brens.
- 09-04-14: O cruceiro que atracará en Cee pero non parará na Costa da Morte.
- Denuncian a falta de cumplimento do pacto laboral de Portos cos traballadores de Brens.
- O cruceiro da discordia que chegará a Cee.
- Que foi do Plan de Usos do porto de Brens?.
- 08-02-12: Estreado o novo porto de Brens cun mercante de 25.000 toneladas.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).