O PP de Cee preguntará no pleno cando se reinician as necesarias obras nas rúas de Gures


Parece que xa está en marcha a campaña das municipais do vindeiro mes de maio, pois os partidos ceeses que levaban no letargo varios anos volven á carga. É o caso do renovado PP de Cee, que con Antonio Domínguez de novo á cabeza, presenta a primeira cuestión para tratar nuns plenos aos que non estaban acodindo as concelleiras actuais, pouco afíns á nova xunta directiva.
A formación popular vai preguntar no vindeiro pleno como están as necesarias obras de mellora do vial que se estaban realizando en Gures, pero que tiveron que se paralizadas inicialmente polas protestas vecinales ante os destrozos que causaban. O Concello ten que enviar unha reforma do proxecto á Deputación pero non ten informado de cando se van reanudar.
O lugar necesita de xeito urxente estas obras, pois seguen sen poder acceder a servizos tan vitais como que unha ambulancia poidan acceder ás vivendas.
Unha demanda que trasladábamos en QPC a comezos de mes.