Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O PP preséntase en Cee

O PP preséntase en Cee

O pasado venres 18, o grupo do Partido Popular de Cee era presentado oficialmente en sociedade. Será Zaira Trillo a candidata á alcadía e contará cun "equipo gañador e magnífico".

Na presentación, celebrada na Discoteca Zona Zero, tamén estaba presente o Conselleiro Agustín Hernández. "Temos unha gran candidata, Zaira Rodríguez; temos a mellor escuadra, pero, sobre todo, temos o mellor equipo, que son os militantes e simpatizantes do Partido Popular. Con este aval, se que Zaira gobernará os próximos 4 anos en Cee", indicaba. "Zaira é a persoa indicada para liderar os retos que lle esperan ao municipio e demostrará que as cousas pódense facer doutra forma", continuou Hernández.

O Conselleiro volveu falar da VAC

Neste sentido, subliñou a necesidade de elaborar un programa que responda ás demandas da xente e que plasme os proxectos do futuro de Cee. "Será unha campaña de propostas recolleitas porta a porta, porque o reto de Zaira como futura alcaldesa non será gobernar o municipio, senón gobernar co municipio", indicou.

Lista do PP de Cee

  • Nº2 - María Manuel Leis.
  • Nº3 - Isidro Caamaño;
  • Nº4 - Mabel Fernández.
  • Nº5 - José Carlos Trinidad.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP.

Comentarios