sábado. 22.03.2025
El tiempo

O Semáforo e o Bela Muxía reciben sendos recoñecementos

O Semáforo e o Bela Muxía reciben sendos recoñecementos
Jesus Picallo e Jacinto coa furgoneta de Cocacola rotulada Jesus Picallo e Jacinto coa furgoneta de Cocacola rotulada

Levar unha furgoneta da cola máis popular do planeta co teu nome por aí non é doado. Así vai Jesús Picallo, que vén de recibir un agasallo de Coca Cola, que cumple 65 anos en España. A entidade quere agradecer que un establecimento como O Semáforo siga vendendo a súa marca, e ademais de gravar un videoclip no exclusivo establecimento, rotulou esta furgo de reparto co seu nome, por “permitirlle chegar ao extremo máis oriental do país”.

Un recoñecemento con encanto para o Bela Muxía

O albergue Bela Muxía vén de acadar o Premio ao albergue con máis encanto interior de España na I edición dos Premios REAJ (Red de albergues juveniles de España) que se celebrou esta semana en Sevilla. O Bela Muxía suma así un novo galardón aos xa recibidos dende a súa apertura, o xurado cualifica de excelente o deseño interior do establecemento muxián. Tratase dun espazo cun relato temático que mergulle ao visitante na identidade do mar da Costa da Morte e cun toque literario no que destacan escritores cunha vinculación con Muxía como Rosalía de Castro ou F. García Lorca, destacan tamén as fotografías históricas da vida dunha vila mariñeira do fotografo local Ramón Caamaño e textos do intelectual Antón Castro.

Fonte

Comentarios