O verán costeiro ofrece o seu total apoio á AECC de Cee


Fundada hai menos dun ano, xunta local de Cee da Asociación Española Contra o Cancro non para de armar actividades nin polo verán, todas ademais cunha cálida acollida e gran participación.
Estiveron por exemplo en Dumbría, na festa da Familia en Berdeogas e tamén da Praia do Ézaro, en Corcubión e este pasado domingo en Cee, onde contou coa colaboración desinteresada do grupo Airiños de Brens que amenizou a xornada con varias pezas musicais á entrada do Centro Comercial Finisterrae.
Desde a Asociación estanse a planificar novas actividades para a zona, entre elas, as próximas charlas informativas para resolver calquera dúbida en materia de prevención, recursos, coidados ou tratamentos da enfermidade.
A entidade continuará co seu labor de loita contra o cancro, a través das campañas preventivas (como a realizada do cancro de pel, nesta época estival), informativas dos servizos gratuitos que ofrece, ademais de alentar a recadación de fondos para a causa a través dos peditorios, captación de socios e socias e a venda de material colaborativo: pulseiras, viseras, lentes de sol e paraugas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/quedou-pequeno-o-aforo-para-a-comida-benefica-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro/- Febreiro 18: A Costa da Morte conmemorou o Día do Cancro.
- Novembro 17: Nace en Cee a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).