Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Olimpiada do IES Fernando Blanco debateu sobre a realidade dos influencers

Olimpiada ten premio no IES Fernando Blanco 2023
Foto de familia
A Olimpiada do IES Fernando Blanco debateu sobre a realidade dos influencers

Este venres 9 de xuño tivo lugar a Gran final da XII edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio, no salón de actos do IES Fernando Blanco. Alumnado, familias, profesorado e patrocinadores disfrutaron desta sesión da comunidade escolar tan singular. 

Esta Gran final estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida. A ela chegaron 3 equipos que se clasificaron despois das semifinais previas, estes equipos foron: Os Colegas, Os Fenómenos e Os Malagueños.

A Gran final tivo dúas partes. Na primeira parte, os 3 equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático. Nesta primeira parte resultaron clasificados Os Colegas e Os Fenómenos.
 
A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema Influencer: Realmente é unha profesión?, na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas, Os Colegas a favor de que influencer é unha profesión e debe ser regulada e Os Fenómenos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro.

O primeiro premio de 600 €, correspondeulle ao equipo Os Colegas, integrado por Daniela Alves Estévez de 2º bacharelato, Camilo Rodríguez Espasandín de 1º bacharelato, Elián Estévez Moure de 1º CS de Administración e Finanzas, Mateo Buschmann Bella de 4º da ESO e Mateo Alves Estévez de 4º da ESO. Este premio foi entregado por don Justo Trillo Lado representante de XEAL que é a empresa que patrocina o primeiro premio.
 
O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os Fenómenos que estaba formado por Candela Vázquez Martínez de 2º bacharelato, Uxío Nemiña Formoso de 1º bacharelato, Brais Canosa Lestón de 2º da ESO, Claudia Manchado Valín de 2º da ESO e Jonathan West Haya de la Torre de 1º CM de Xestión administrativa. O premio foi entregado por dona Mélani Lois Barcia que representaba a GERCA , que era a empresa que patrocinou este 2º premio.

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os Malagueños composto por Marta Vérez Pequeño de 2º bacharelato, Adriana Castiñeira Iglesias de 2º bacharelato, Rubén Trillo Piñeiro de 1º CM de Matemento Electromecánico, David Santabaya Paz de 4º da ESO, Lucía Canosa Lestón de 2º da ESO. Fixo entrega do premio don Severo Roget Romero, en representación de Ferretería Roget , que é a empresa que patrocinou este 3º premio.

Comentarios