Martes. 14.05.2024
El tiempo

Os alumnos de Cee aprenden a respetarse en clave de teatro

Os alumnos de Cee aprenden a respetarse en clave de teatro
150 alumnos ceenses aprenderon ca obra de Chevere

Continuando aínda cos actos do 25 de novembro onte tiña lugar no Salón de Actos do Concello o espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e ofrecido por Chévere, no marco do Acordo de Colaboración asinado entre o Concello ceense e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Unha rede que leva por título "I'll be watching you" (Hei estar vixiándote), subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade.

Desta volta, participaron en total 147 persoas dos centros escolares de Cee de 3º e 4º da ESO, sendo 15 do IES Fernando Blanco, 52 do Agra Raíces e 80 do Manuela Rial.

Cómpre dicir que se están dando obradoiros nos mesmos centros escolares de igualdade e prevención da violencia de xénero a todo o alumnado da ESO. Imparte os obradoiros o CIM.

Novas relacionadas

Fonte

  • CIM Cee.

Comentarios