Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os apoios empresarias permiten que Aspadex contrate un novo monitor

Os apoios empresarias permiten que Aspadex contrate un novo monitor

Segue Aspadex acadando apoios, desta volta a nivel empresarial, para continuar coa súa impresionante labor. A pasada mañá o presidente da Asociación ASPADEX, Evaristo R. Lema Antelo, asinou nas oficinas da Caixa de Cee un convenio con esta entidade, que ten como finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual por medio do servizo de vivenda que busca potenciar ao máximo a autonomía das persoas con discapacidade intelectual, así como a súa integración na contorna.

A dotación económica deste convenio é de 14.900€ e permite á entidade contratar a un profesional para levar a cabo as distintas accións do proxecto, dando atención especializada a un maior número de persoas con discapacidade intelectual.

En concreto formarase ás persoas con discapacidade en tarefas orientadas a mellorar a súa autonomía e autogestión (xestión do diñeiro, formación en tarefas do fogar), así como en habilidades sociais e de convivencia, sendo un dos obxectivos primordiais a inclusión social, facendo para iso un uso responsable dos recursos da comunidade.<(p>

Evaristo Lema, presidente de ASPADEX agradeceu á Fundación A Caixa a súa colaboración con este proxecto, nuns tempos difíciles, nos que conseguir financiamento está cada vez máis complicado, polo que estas accións demostran un compromiso real coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual da comarca.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Aspadex.

Comentarios