venres. 02.05.2025
El tiempo

Os Bombeiros de Cee volverán ter o seu camión de altura tralas xestións do BNG

Os Bombeiros de Cee volverán ter o seu camión de altura tralas xestións do BNG
Camion con Grua dos Bombeiros de Cee O camión de altura volverá ao parque de Bombeiros de Cee

O pasado mes de decembro o Comité de Empresa do Parque de Bombeiros de Cee daba a alarma sobre a perda do camión de altura, e o seu posterior cambio polo camión de As Pontes, un camión semellante pero que daba continuos erros. Unha clara merma nas capacidades de actuación en caso de emerxencia, recoñecían os propios Bombeiros.

O voceiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez, tras varias reunións co representante dos traballadores, Daniel Bogo, comezou a facer xestións para reverter a situación. A negociación do BNG provincial co Consorcio e co mesmo presidente, parece que están dando os seus froitos.

Anuncia Domínguez que no vindeiro pleno do Consorcio se espera que o presidente dea orde para reestrablecer a situación e que o camión volva ao seu sitio, o Parque Comarcal de Bombeiros de Cee.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios