xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Cantos de Taberna chegan a Cee

Os Cantos de Taberna chegan a Cee
cantos-de-taberna O vindeiro 12 de decembro os bares de Cee revivirán unha vella costume e pouco común pola Costa da Morte. Grazas a unha inciativa da A. C. Amigos da Banda de Música xuntaránse nos establecementos pandillas de amigos para tomar uns viños - isto sí que é común na bisbarra -, charlar e compartir a aficción polo canto. Dende as sete da tarde ata as dez da noite, seis grupos de renome na música tradicional galega tocarán durante trinta minutos nos doce bares que participan no certame. Sin Son Ghaiteiros, Varacuncas, Sons da Mina, Os Regatos, Pandereteiras de Cercio e Brasas son os grupos que actuarán durante a tarde noite no hotel restaurante Insua, hotel La Marina, A Bombonera, Mc Rober, Café Central, A Taberna, bar Sada, O Xardín, Atrio, café Rodín, café Express e mesón O Club que se encargarán de ofrecer uns pinchos a todos aqueles que se queiran sumar á festa. En total serán uns cincuenta músicos chegados dende Silleda, Lalín, A Estrada, Marín, Lires e Cee amenizando a noite en ceense. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
   

Comentarios