Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os Debuxos da Fundación

Os Debuxos da Fundación
A pasada fin de semana, coñecemos os gañadores e gañadoras dos Concursos de Relatos e os Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Cee que xa son todo un referente na Costa da Morte. Ao igual que en anos anteriores, QPC publicará nos vindeiros días os traballos gañadores da man do coordinador do Museo e Secretario da Fundación, Darío Areas. Na sección de hoxe comezamos coa categoría A do III concurso de Debuxos, no que participaron alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria. 1º Primeiro Paula Rodriguez, do CEIP A Igrexa de Brens, obtivo o pimeiro premio do concurso de debuxos Paula Rodríguez, do CEIP A Igrexa de Brens, obtivo o pimeiro premio do concurso de debuxos Paula Rodríguez Canosa, do CEIP A Igrexa de Brens (Cee) foi a gañadora do primeiro premio desta categoría que consistiu en un paquete de material didáctico, valorado en 50€, mais un diploma. O título do debuxo é "Xuntos formamos un club". 2º Premio Nuria Gandara, do CEIP Labarta Pose de Baio, ganou o segundo premio do concurso de debuxos da Fundacion Fernando Blanco Nuria Gándara, do CEIP Labarta Pose de Baio, gañou o segundo premio do concurso de debuxos da Fundacion Fernando Blanco O 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, foi para o debuxo "Na escola temos amigos" de Nuria Gándara Calvete do CEIP Labarta Pose de Baio. 3º premio Sara Trillo, do CEIP A Igrexa de Brens, foi a ganadora do terceiro premio da categoria A do concurso de debuxos Sara Trillo, do CEIP A Igrexa de Brens, foi a ganadora do terceiro premio da categoria A do concurso de debuxos Sara Trillo Caamaño, tamén do CEIP A Igrexa de Brens, foi a gañadora do terceiro desta categoría co debuxo "Os nenos da amizade". Recibiu materail didáctico valorado en 30€ e un diploma.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios