venres. 02.05.2025
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica manteñen as concentracións e non descartan unha nova folga

Os traballadores de Ferroatlántica manteñen as concentracións e non descartan unha nova folga
as-nosas-centrais-do-xallas-non-se-venden

Tras dúas semanas de concentracións, o comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas vai seguir coas concentracións convocadas para os mércores, ás 18:30 horas, diante das oficinas de Ferroatlántica en Cee para amosar o total rexeitamento ao Acordo Marco que a empresa pretende sacar adiante coa complicidade das organizacións sindicais españolas e que suporá vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade.

Lembran que en Cee-Dumbría xa hai convenio colectivo propio, que actualmente está en trámite de renovación e que é o único convenio de aplicación ao centro, conforme o estabelecido no artigo 81.1 do Estatuto dos/as Traballadores/as.

O Comité non descarta a folga, tal e como xa foi autorizado pola asemblea de traballadores/as. As primeiras consecuencias da paralización da negociación estanse traducindo na falta de acordo para a elaboración do calendario laboral do ano 2018, polo cal o comité de empresa xa interpuxo a denuncia correspondente ante a Inspección de Traballo.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios