Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Aspadex disfrutan como nunca do seu tempo de Lecer

Os usuarios de Aspadex disfrutan como nunca do seu tempo de Lecer
Aspadex coneceron o Planetario e a Casa de Emilia Parzo Bazan na Coruna

Menudos primeiros 6 meses de 2015 levan os usuarios de Aspadex. O Programa de Lecer Inclusivo financiado por Ferroatlántica leva permitídolles facer aos rapaces unha marea de saídas e actividades que fomentan a súa inserción, e que lles permite ser un pouco máis felices.

Tanto profesionais como usuarios da entidade destacan a importancia destas saídas, xa que como resaltaron “viaxar contribúe a que as persoas con discapacidad intelectual poidan desenvolver a súa autonomía persoal, habilidades sociais e diversas destrezas, fomenta as relacións sociais e a capacidade de elección, favorece a súa integración socio-comunitaria, a socialización e autoestima. Ademais supón unha satisfacción a nivel persoal incorporando o tempo de lecer á vida diaria”.
Tamén quixeron resaltar a importancia de que cada vez se atopan con máis espazos adaptados, e isto é moi importante, xa que sen lugares accesibles moitas destas persoas quédanse privadas destas actividades tan beneficiosas, sentíndose discriminadas pola súa discapacidad.

De camping e de viaxe

Usuarios de Aspadex no Camping de Muxia

Unha das saídas foi á Coruña, os usuarios de Aspadex, repartidos en dous grupos, visitaron a casa de Emilia Pardo Bazán e sé da Real Academia Galega, así como a Casa das Ciencias, os usuarios comentaban “gustounos moito, porque aprendemos cousas que non sabiamos sobre a Real Academia Galega, Emilia Pardo Bazán e sobre ciencia”, contan os propios usuarios.

Os usuarios do Centro de Día, que teñen maiores limitacións tamén puideron beneficiarse deste programa, cunha estancia de dous días nun camping da contorna (Camping Lago-Mar de Muxía), gozando duns días intensos de sol, piscina, xogos, relax, boa mesa e intensas emocións. Nesta ocasión destacaron o bo trato recibido, unha das usuarias repetía “o pasamos a mar de ben, para ou ano outra vez”.

A saída máis esperada por moitos usuarios, foi a viaxe de fin de semana a Portugal, nesta ocasión saíron un venres, regresando o domingo. Esta saída foi especial porque supoñía “cambiar de país”, unha novidade para moitos deles. Aloxáronse nun albergue de Árvore na provincia de Oporto, visitando a cidade, así como algúns dos seus lugares máis emblemáticos (Librería Lello e Irmao, Torre dos Clérigos, Praza da Liberdade…) Outros dos lugares que visitaron foi Vila do Conde, co seu acueducto, o convento de Santa Clara… e como non, coñeceron a gastronomía deste país, as súas praias, terraz… O segundo grupo de usuarios, que sairá no mes de setembro está xa desexando que chegue o día para poder pasalo tan ben como os seus compañeiros.

Saida a Portugal de Aspadex

Programa Lecer

O Programa de Lecer Inclusivo é un programa plurianual que ASPADEX leva a cabo contando co apoio de Ferroatlántica desde o ano 2013, e grazas ao cal as persoas con discapacidad intelectual da comarca xa realizaron numerosas saídas (a Lugo, A Coruña, Baiona, Vigo, Ourense…). Os resultados foron moi positivos, mostrando moi altos niveis de satisfacción tanto as persoas con discapacidad como as súas familias. Como sempre as persoas interesadas en saber máis sobre as saídas poden informarse no blog da entidade (https://blogaspadex.wordpress.com/) ou a súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/TiendaASPADEX)

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios