Outra festa deportiva da familia Aspadex con máis 70 participantes


Non paran estas figuras de Aspadex. Este sábado, día 28 de Abril, a Asociación ceense organiza a II Xornada da Liga Provincial Interclubes para persoas con discapacidade intelectual da Coruña, na modalidade de Atletismo.
Nas que participarán 70 deportistas, pertencentes as asociación: APADER (Cedeira),CHAMORRO (Narón), ASPRONAGA (Coruña), AMIPA(Padrón) e ASPADEX (Cee) , entidade organizadora do evento deportivo, que contará coa colaboración de 20 persoas entre adestradores e voluntarios para o bo desenvolvemento da xornada.
E non quedará no deporte a festa, senón que pola tarde realizarán un xantar de convivencia e visitarán a Fervenza e Museo Electrico do Ezaro.
Desenvolvemento da proba
A actividade desenvolverase no estadio municipal “San Paio de Refoxo” de Cee, dende as 10:30h ata as 14:00h, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Deportes de Cee e Begano-Cocacola.
Durante a xornada, realizaranse as seguintes Probas:
- 25 metros. Marcha Asistida.
- 25 metros.Asistida Verbal.
- 60 metros.
- 100 metros.
- 200 metros.
- Relevos 4x100.
- Lanzamento de Peso.
Novas relacionadas
- Un día de convivencia entre os alumnos de Camariñas e os de Aspadex.
- A bitácora da semana (CLIII): O blog de Aspadex.
- Aspadex mellora as súas vivendas coa axuda de Ferroatlántica.
- “Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós”.
- 8 centros educativos e 3 asociacións de discapacitados participan no V Concurso de Murais Costa da Morte.
- APEM e Aspadex volven ao mar.
- A familia Aspadex disfrutou da súa festa do deporte.
Fonte
- Nota de prensa de Aspadex.