Pachi y Culo farán as risas na Gala do Fútbol da Costa-QPC
Pachi y Culo son a nova parella de moda na Costa da Morte. Xa andan polo youtube (con 5.000 visitas) armándoa e este vindeiro venres venres 26 de xuño poderemos disfrutalos como artistas invitados na Gala do Fútbol da Costa - QPC, no seu debut nos escenarios.
Os muradáns Javi Crespo e Santi Caamaño son Pachi y Culo, este dúo de “humor absurdo e fácil”, formado por dous grandes amigos “despois de moitas tardes de aburrimento” aló por xaneiro de 2014. A modiño por mor das obrigas laborais, seguen medrando e convertíndose en dúas figuras da escena costeira.
Ademais, o propio Santi cóntanos que “o de actuar na Gala faime moita ilusión, porque é un mundo que vivín moi de cerca desde pequeno, aínda que decidín deixalo… Polo ben do fútbol, jajaja!”, bromea. Ademais, ten amigos futboleiros por toda a Costa, e como recoñecer “sempre fun peculiar… Ata como xogador”.
Será fantástico velos en acción falando do noso fútbol costeiro!
Esta foi a súa presentación en youtube, e tamén traemos outro vídeo, tan triste que non podedes perder o final:
Novas relacionadas
- Pachi y Culo farán as risas na Gala do Fútbol da Costa-QPC.
- En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).