Pan de Raposo prepara os cogumelos para a XXIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Albícase o mes de novembro e a Asociación Micolóxica-Naturista Pan de Raposo prepara as XXIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. A Casa da Cultura de Cee volverá vestirse de outono con esa exposición incrible que adoita xuntar preto de 200 especies, completando o programa con saídas, charlas e degustacións, como as que se gozarán os 8 e 9 de novembro no Hotel La Marina e no Mesón As Viñas.

As xornadas arrincan este sábado 1 de novembro, cunha saída ao monte co micólogo Julio Cabrero, acompado dos seus cans. Pola tarde, dará unha charla sobre a trufa negra e os hongos hipogeos.

Os momentos fortes serán os días 8 e 9, coa exposición de cogumelos aberta de 10:30h a 13:30h e de 16:30 a 19:30h, e con visitas guiadas pola propia exposición ás 12:00h.

Ademais, polas tardes, ás 17:30h, haberá charlas. O sábado con José María Costa Lago e o domingo co noso José Manuel Castro Marcote.

Novas relacionadas

HISTÓRICO SOBRE AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE CEE

Artigos micolóxicos de Jose Manuel Castro Marcote