Persoeiros da volta rouban protagonismo a Papa Noel no Nadal de Lires


Arrincaban o Nadal a base de fotos, pero por Lires non paran. Os membros da Asociación Pedras Miúdas teñen listo o programa de Nadal, paralelo ao municipal, cunha solidaria recollida de xoguetes e moitas actividades.
Teremos protagonistas como María Canosa, que presentará o sábado 20 o seu último traballo en materia de literatura infantil. Ou Manolo Vilar, que nos falará dos Faros da Semescom.
Ademais, haberá cabida para o Ralli Fotográfico durante un domingo que rematará cunha sesión de contacontos e a visita de Papa Noel.
Para o sábado 27, será Palmira do Sardiñeiro, mimadriña.com, a que desenvolverá un obradoiro cos seus barquilios de papel. E será Xosé Iglesias o poeta mariñeiro o que peche a sesión. A clausura será ese domingo 28, coa charla de Víctor Castiñeira.

Novas relacionadas
- Lires arrinca o Nadal a base de fotos.
- Cee xa está nun Nadal de teatro e maxia.
- O Rebumbio decide autodisolverse e doa os seus fondos ás Pedras Miúdas.
- Rali 2013: Lires sacou a súa mellor cara por Nadal.
- 2013: Lires recupera a súa memoria.
- As Pedras Miúdas de Lires tamén reciben combustible para seguir recuperando a cultura tradicional.
- A Danza de Arcos sobrevive en Lires.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).