Xoves. 20.01.2022
El tiempo

Pili Pampín, a estrella do programa de Nadal municipal de Cee

  •  
Pili Pampin
Pili Pampín, a estrella do programa de Nadal municipal de Cee

Xa ten programa cultural a vila de Cee, e a propia alcaldesa destacaba o concerto da popular cantante Pili Pampin, como o acto principal. Un concerto que será o sábado 18 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura, para o cal as invitacións para asisistir ó mesmo xa se poden retirar no Centro Social.

Sobre a festa para a mocidade para a noite vella, a alcaldesa simplemente dixo que "desde o concello se está a traballar para que en fin de ano os máis mozos teñan a posibilidade de celebrar esta noite especial na nosa vila".

Pero haberá máis cousas. O programa comeza antes, o venres 17 coas Presentacións literarias de Marcos Porto e Vicente Jesús Bernal.

O martes 21 terá lugar o Festival de Nadal cos [email protected] da Escola Municipal de Música.
O xoves 23 chega Barafunda con Globotolo, un espectáculo para maiores de 3 anos.
A Banda de Música de Cee ofrecerá o domingo 26 de decembro ás 20:30h, pero antes, ás 17:30h haberá novo espectáculo infantil con Malasombra e os Faboulosos Cleaners.
O luns 27, chega o Mago David Maestro; e o martes máis actividades para [email protected] co Cia. Titiribaile e "A volta ao día en 80 mundos". Pecharán as sesións teatreiras Galitoon con Güela- Güela o mércores 29.

Dúas citas ineludibles para os máis cativos da casa: as visitas de Papá Noel na Alameda o día de Noiteboa e a cabalgata de Reis, do día de 5 de xaneiro, que se a situación sanitaria o permite recuperará este ano o seu formato tradicional.

comentarios