Ponteceso xa está conectado a redes de nova xeración mentres Cee terá que agardar ata maio
A localidade coruñesa de Ponteceso xa se inclúe no grupo de municipios que dispoñen de núcleos directamente conectados á rede de telecomunicacións de última xeración (NGAs) que R está a despregar en toda a comunidade autónoma, dentro das accións do Plan de Banda Larga 2010-13 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
A que aínda está esperando, e parecen unhas obras municipais, é a localidade de Cee, que tras varios retrasos parece que será para o mes cando estea dispoñible. Desta volta parece que pode ser verdade a tenor das obras que se están levando ao longo da vila. Ao respecto de Corcubión e Fisterra, é probable que xa estea activado tamén a finais deste verán.
En Ponteceso
Arestora, máis de 1.700 habitantes de Ponteceso (duns 1.500 fogares e empresas) teñen acceso a redes de nova xeración, e está previsto chegar proximamente a máis de 2.300 persoas (duns 2.000 fogares e empresas) que poderán conectarse a redes de 100 e de ata 200 megas.
Novas relacionadas
- Unhas obras moi caras.
- 21-12-12: R non chegará a Cee ata o mes de febreiro.
- 30-07-12: 3.000 fogares de Cee terán fibra óptica a partir de decembro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).