Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O PP de Cee confirma coa Conselleira de Política Social colaboración para o coidado dos maiores

PP de Cee coa Conselleira
O PP de Cee confirma coa Conselleira de Política Social colaboración para o coidado dos maiores

Sorprendeu a non invitación do vicepresidente do Cluster de Turismo de Galicia, presidente de Solpor, empresario do sector, Jesús Picallo, á reunión do pasado venres cos responsables do goberno central en Cee. En calquera caso, o tamén candidato á alcaldía polo PP estaba nunha reunión.

Picallo, a portavoz popular local do PP, Águeda Diaz, e á ex concelleira de Servizos Socias, Mabel Fernández, mantiveron unha reunión coa Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García. No encontro abordaron a necesidade de continuar mellorando a colaboración entre Administracións públicas para garantir os servizos de proximidade aos municipios do rural e dotar da mellor atención aos maiores e aos cativos en idades temperás.

O PP ceense fixo fincapé na necesidade de coidar aos maiores, e sinalou que a Conselleira “se amosou en todo momento aberta e receptiva ás propostas que lle transmitimos para a mellora da calidade asistencial en Cee” como futuras actuación para que os maiores que así o prefiren poidan seguir vivindo nas súas casas e coas súas familias.

Comentarios