Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Goberno Central pasa revisión á sustentabilidade turística na Costa da Morte

Visita institucional turistica en Cee
O Goberno Central pasa revisión á sustentabilidade turística na Costa da Morte

Esta mañá, cunha completa expedición institucional estivo por Cee. A secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a subdelegada María Rivas, visitaron o noso territorio, para trasladarlle ao sectot turístico a súa aposta polo turismo sostible.

Rexedor@s da zona así como un grupo de empresari@s do sector participaron na xornada, na que os membros do goberno invitaron á comarca a participar terceira convocatoria de Plans de Sostibilidade Turística de Destino, na que as entidades locais galegas achegarán este ano 21 millóns do Plan de Recuperación, cuia convocatoria está aberta do 1 de febreiro ao 6 de marzo.
Ademais Morillo engadiu que a consellería abrirá en breve unha nova liña de axudas para a recuperación do patrimonio cultural (BIC) para uso turístico, cunha dotación de 208 millóns de euros para todo o país.

Os representantes do Goberno central felicitaron á comarca pola consecución do certificado 'Starlight destination’ e polo éxito tanto do Xacobeo como do Ano Xubilar Mariano que concluirá o 1 de maio coa coroación canónica da Virxe da Xunqueira.

Visita institucional turistica en Cee 2
Pandejuevo xa é regalo institucional

Comentarios