Martes. 21.05.2024
El tiempo

O PP de Cee presentou o renovado grupo das súas Novas Xeracións

NNXX do PP de Cee
O PP de Cee presentou o renovado grupo das súas Novas Xeracións

O Partido Popular de Cee presentou esta fin de semana ao grupo que pon de novo en marcha as súas Novas Xeracións, unha iniciativa que busca !"promover a participación e o compromiso da mocidade do municipio coa política e os valores do PP". O grupo conta con María Senra, José Miguel Caamaño como presidente e vicepresidente, respectivamente, e con Christian López, Lautaro Fabián Peralta, Miguel Trillo e Nicolás Alejandro Mendoza como vogais.

Durante a presentación, o candidato popular ceense, Jesús Picallo Santos, destacou a importancia de implicar aos mozos na vida política e na toma de decisións para construír un futuro mellor para todos. “As Novas Xeracións do PP de Cee son unha mostra do noso compromiso co futuro do municipio e coa formación de mozos dirixentes que traballen polo ben común”, sinalou Picallo.

Pola súa banda, a presidenta de Novas Xeracións do PP de Cee, María Senra Blanco, destacou a importancia da participación activa da mocidade na política e na sociedade. “Queremos ser voz da mocidade de Cee e traballar polos seus intereses e necesidades, promovendo a participación e a implicación na vida política e social do municipio”, apuntou Blanco.

 

Comentarios