Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As premiadas Pinguiñas do CPR Manuela Rial

Premio CPR Manuela Rial Pinguinas viaxeiras
As premiadas Pinguiñas do CPR Manuela Rial

Xa contamos que o CPR Manuela Rial recibíu un premio autonómico no marco dos Premios Escolares Innovaugas, artellados por Augas de Galicia. Pero onte tivo unha emotiva entrega. O Centro recibía a visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que fixo entrega dos 3.000€ de premio polo vídeo realizado polo alumnado de 2º de Primaria.

Premio CPR Manuela Rial Pinguinas viaxeiras 2

”As Pinguiñas Viaxeiras” destacou por unha coidada elaboración do vídeo e unha perfecta escenificación do ciclo da auga que fixeron os nenos a través de ‘Hidra’, unha pinga viaxeira que traslada a importancia deste ben prezado e a necesidade de coidalo.

A Conselleira destacou a posta en escena, moi visual e atractiva, así como a mensaxe sinxela e moi comprensible coa que os rapaces transmitiron que a auga é un ben indispensable e prezado que non se pode malgastar.

Novas relacionadas

Comentarios