Luns. 29.04.2024
El tiempo

Un programa cultural polo centenario da baleeira de Caneliñas

Cee baleeira 1
Comitiva institucional en Caneliñas
Un programa cultural polo centenario da baleeira de Caneliñas

100 anos de historia cumple o vindeiro 14 de novembro de 2024 a primeira balea procesada na baleeira de Caneliñas. A última factoría baleeira de Europa, que se mantivo activa ata o 21 de outubro de 1985, leva décadas pedindo auxilio, esfolándose sen remedio.

O Concello de Cee, co gallo do centenario, quere “tratar de recuperar e pór valor” esta parte da historia de Cee. Para iso, traballa na programación dunha serie de actividades que inclúen conferencias, exposicións, visitas guiadas, creación dun gran mural artístico e instalación de paneis informativos que compilen a historia da fábrica.

Formoso subliñou o interese “histórico e cultural” do proxecto para recuperar e valorizar o pasado baleeiro do municipio e da comarca, e se comprometeu a estudar a colaboración da Deputación nalgunhas das iniciativas propostas polo goberno municipal para recuperar o seu pasado baleeiro.

Mellora da seguridade en Bermún

Así mesmo, a comitiva visitou tamén as obras que se están a executar na estrada provincial DP- 2303, no núcleo de Bermún, en A Pereiriña, cun investimento de 619.842 euros. As obras responden ao compromiso adquirido polo presidente en novembro de 2021, tras a petición da alcaldesa dunha solución para mellorar a seguridade do tráfico no perigoso cruce coa estrada de Lires e da veciñanza e o alumnado da escola unitaria da zona nos seus desprazamentos a pé a no entorno do colexio.

Máis novas

Comentarios