sábado. 15.03.2025
El tiempo

Propoñen adicar o mes de febreiro ceense a Rosalía de Castro a prol da lingua galega

Propoñen adicar o mes de febreiro ceense a Rosalía de Castro a prol da lingua galega
Chapando a Rosalia en Carballo

O 24 de febreiro de 2015 cumprense 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Non é Rosalía, só a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, senón a que marcou o camiño a seguir ao iniciar o proceso de recuperación de usos do galego co obxectivo de lle devolver a dignidade de que fora desposuído. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.

Así entende a figura da escritora de Iria Flavia o grupo do BNG ceense, que vén de solicitar no Concello “emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen a veciñanza do noso concello ao longo do mes de febreiro, como por exemplo, pendurar nos balcóns das casas e das institucións bandeiras galegas, pancartas con versos de Rosalía debuxados, procurar espazos para realizar graffitis, murais, etc…”

I é que para o BNG “corren tempos en que os datos obxectivos indican un alarmante descenso no uso do galego, a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas”. De aí que sexa necesario, pois, “aproveitar a reivindicación desta data para estendela a un mes de febreiro de firme e inequívoco compromiso co idioma”.

Por iso, consideran moi positivo “realizar lecturas públicas da obra rosaliana en lugares destacados do concello en que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista. Desenvolver unha serie de actividades para promover o coñecemento de actualizacións da obra rosaliana a través da música, o teatro, a literatura ou a danza, así como seminarios, mesas redondas e/ou conferencias sobre a súa obra e figura”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios